Inicio Destacado O Pazo dos Deportes reunirá este fin de semana a máis de...

O Pazo dos Deportes reunirá este fin de semana a máis de 500 deportistas no Campionato de España de Trampolín

Os participantes proceden de 74 clubs de toda España, encabezando Ourense a delegación galega con máis de 60 deportistas

Ourense, 9 de xuño de 2022.- O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, participou esta mañá na presentación da X edición do Campionato de España individual e clubs e nacional base de Trampolín, que conta co apoio da Deputación de Ourense e que se celebrará durante todo este fin de semana no Pazo dos Deportes Paco Paz. O vicepresidente primeiro estivo acompañado polo delegado de deportes da Xunta de Galicia en Ourense, Manuel Pérez; o presidente da Federación Galega de Ximnasia, José Manuel Estévez; a secretaria xeral da Federación Galega de Ximnasia, Cristina Sánchez e Covadonga Menéndez, en representación da Real Federación Española de Ximnasia.

Leer más:   A Deputación aposta polo apoio á creación literaria e a internacionalización da lingua galega coas bolsas para estadías no exterior de creadores ourensáns

A delegación galega estará encabezada por clubs ourensáns

O Campionato de España individual e clubs e nacional base de Trampolín celebrarase por segunda vez consecutiva no Pazo dos Deportes, contando nesta edición coa presencia de máis de 500 deportistas procedentes de 74 clubs distintos que proveñen de todas as comunidades de España, para competir nas modalidades de dobleminitramp, tumbling, trampolín e sincronismo.

Ademais, aqueles participantes que compitan na categoría de élite aspirarán a unha bolsa que concederá Divina Seguros, patrocinadora da proba.

Neste Campionato de España destaca especialmente a participación dos deportistas galegos, que serán a terceira delegación máis numerosa, so por detrás dos ximnastas de Madrid e Castela e León. Ourense, pola súa banda, encabezará á delegación galega grazas ós máis de 60 participantes que competirán por  clubs da cidade.

Leer más:   Luz Doporto asistiu á Festa da Carne de Montederramo

- Te recomendamos -
Artículo anteriorAs piscinas de Oira e a exterior dos Remedios abren o venres 10 de xuño
Artículo siguienteDeputación e Concello de Beariz avanzan acordos de colaboración en proxectos de servizos públicos e patrimonio arqueolóxico
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.