Inicio Destacado Deputación e Concello de Beariz avanzan acordos de colaboración en proxectos de...

Deputación e Concello de Beariz avanzan acordos de colaboración en proxectos de servizos públicos e patrimonio arqueolóxico

Reunion de Manuel Baltar co alcalde de Beariz 2

Manuel Baltar mantivo un encontro de traballo co alcalde deste municipio, Manuel Prado, para analizar as liñas de colaboración abertas entre ambas administracións

O goberno provincial colaborará no proxecto do velorio municipal, nas obras de humanización de Ricovanca e na posta en valor do xacemento de Garfián

Ourense, 9 de xuño de 2022.- O presidente da Deputación, Manuel Baltar, mantivo un encontro de traballo no Pazo Provincial co alcalde de Beariz, Manuel Prado, para abordar as liñas de colaboración abertas entre ambas administracións e perfilar novas iniciativas de cooperación nos próximos meses.

O presidente do goberno provincial comprometeu a axuda da Deputación para avanzar no proxecto do velorio municipal, “unha dotación imprescindible para os nosos veciños”, sinalou o alcalde de Beariz. Ademais, o goberno provincial aportará unha achega para acometer diversas actuacións de acondicionamento e humanización do pobo de Ricovanca.

Leer más:   Rosendo Fernández asiste á inauguración da mostra "O poder da palabra. 40 anos do Parlamento de Galicia"

Manuel Baltar e Manuel Prado tamén pecharon o compromiso da Deputación para actuar na necrópole arqueolóxica de Garfián. “Un proxecto importante para protexer o noso patrimonio e avanzar na potenciación do turismo arqueolóxico”, sinalou o alcalde de Beariz trala reunión, agradecendo a receptividade e apoio da Deputación nestas actuacións.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO Pazo dos Deportes reunirá este fin de semana a máis de 500 deportistas no Campionato de España de Trampolín
Artículo siguienteA Deputación colaborará na mellora de pistas municipais de Cartelle e na rehabilitación da antiga escola de Terzas
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.