Inicio Destacado Manuel Baltar reivindica o Estatuto de Autonomía: “Trouxo progreso, desenvolvemento e autogoberno”

Manuel Baltar reivindica o Estatuto de Autonomía: “Trouxo progreso, desenvolvemento e autogoberno”

Entrega IX Premios Estatuto de Galicia 2

O presidente da Deputación entregou no Teatro Principal os recoñecementos aos corenta escolares seleccionados na novena edición do Premio Estatuto de Autonomía de Galicia, que contou coa participación de case 400 rapaces de centros públicos e privados da provincia de Ourense

Baltar resalta o carácter simbólico do acto celebrado esta mañá: “Fai nove anos que decidimos impulsar este premio para poñer en valor e difundir o Estatuto de Autonomía. Porque en 1983 foi esta Deputación quen empezou a publicar os decretos que hoxe configuran o dereito autonómico, en colaboración co Goberno Civil e a Delegación do Goberno”

Os exconselleiros ourensáns Pachi Vázquez e Castor Gago participaron na entrega dos premios. “Servidores de Galicia e que falan da pluralidade destes premios, a pluralidade que é a que fai que Galicia siga medrando”, sinalou Manuel Baltar

Ourense, 6 de abril de 2022.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, presidiu esta mañá no Teatro Principal a entrega de distincións da novena edición do premio Estatuto de Autonomía de Galicia, no día en que se cumpren 41 anos da aprobación da norma básica institucional -a lei orgánica 1/1981 do 6 de abril-. Un certame co que a institución provincial conmemora o Estatuto de Autonomía e difunde o seu significado entre os escolares. Nesta edición, baixo o lema “As competencias exclusivas de Galicia nas augas minerais e termais (Ourense a provincia termal)”, o xurado seleccionou a 40 rapaces entre case 400 participantes de centros públicos e privados da provincia nas categorías de debuxo e redacción.

Leer más:   Manuel Buciños recibe o título de Fillo Adoptivo da provincia "para que Ourense siga desfrutando e presumindo dun creador excepcional"

No seu discurso, Manuel Baltar resaltou que este acto é o único que se celebra hoxe en Galicia para conmemorar a aprobación do Estatuto: “Fai nove anos que decidimos impulsar este concurso. Foi naquel intre cando decidimos impulsar esta posta en valor do Estatuto de Autonomía. Porque no seu momento, no ano 1983, foi esta Deputación, en colaboración co Goberno Civil de Ourense -hoxe é a Subdelegación-, e a Delegación do Goberno en Galicia, quenes decidiron empezar a publicar aqueles primeiros decretos, aquelas primeiras ordes que hoxe configuran o dereito autonómico. Era presidente da Deputación Victorino Núñez, o gobernador civil era Mariano Sanz e o delegado do Goberno, Domingo García-Sabell”.

O presidente do goberno provincial resaltou a importancia do Estatuto para o progreso de Galicia: “Trouxo progreso, desenvolvemento económico e social. E sen dúbida, unhas cotas de autogoberno, longamente demandadas por todos aqueles que comezaron con esta cuestión, con ourensáns tan destacados como Alexandre Bóveda que deron o proxecto de Estatuto que a Guerra Civil tirou por terra e que logo trouxo o recoñecemento de nacionalidade histórica”.

Leer más:   A Deputación impulsará os estudos universitarios de Turismo no Campus de Ourense

O presidente da Deputación avanzou que “seguiremos traballando nesta liña, con aqueles que son o futuro do país” e agradeceu a participación dos colexios, do xurado e deu os parabéns aos alumnos premiados. Manuel Baltar tamén recoñeceu a presenza no acto do Teatro Principal dos exconselleiros ourensáns Castor Gago e Pachi Vázquez -Alfredo Suárez Canal foi invitado pero non puido acudir por motivos de axenda persoal-: “Servidores de Galicia, que falan da pluralidade destes premios, unha pluralidade que é a que fai que Galicia siga medrando”.

Entrega dos premios Estatuto de Autonomía

Manuel Baltar entregou os premios aos rapaces, xunto aos mencionados Pachi Vázquez e Castor Gago. Os corenta alumnos premiados pertencen aos centros CEE O Pino, CEIP de Sandiás, CPR María Inmaculada de Verín, CPR Padre Feijóo Zorelle, CPR Sagrado Corazón de Carballiño, CPR Plurilingüe La Purísima, CPR Miraflores e Divina Pastora Franciscanas. Durante o acto, que contou cun espectáculo de acrobacias aéreas por parte de Luz de Lúa, o coro xuvenil Cantigas interpretou o himno da provincia e o de Galicia.

Leer más:   Reapertura de A Chavasqueira y Muíño da Veiga

O xurado estivo conformado polo vicepresidente primeiro, Rosendo Fernández, a deputada Patricia Torres, Armando Ojea, Álvaro Vila e o asesor de Cultura da Deputación, Aurelio Gómez Villar. Todos estiveron presentes na entrega de premios xunto a outros membros da corporación provincial, profesores e directivos dos centros participantes e representantes da vida social ourensá.

Do mesmo xeito que en edicións anteriores, puideron participar neste certame estudantes de Infantil, Primaria, Educación Especial e Ensino Secundario Obrigatorio, así como de Bacharelato e ciclo medio de FP, de centros de ensino en xeral -tanto públicos como concertados ou privados- da provincia de Ourense. As modalidades do concurso foron dúas; o alumnado de Educación Infantil, Primaria e Educación Especial presentaron debuxos e traballos artísticos; mentres que o resto concursaron cunha redacción en galego sobre o Estatuto.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO presidente da Deputación reúnese coa directiva da Asociación Deportiva Bosco
Artículo siguienteBaltar reivindica la “pluralidad” política de la Galicia estatutaria en los 41 años de su autonomía
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.