Inicio Destacado A Deputación afonda na colaboración coa CEO impulsando un novo programa de...

A Deputación afonda na colaboración coa CEO impulsando un novo programa de inserción laboral

Manuel Baltar e a presidenta dos empresarios, Marisol Nóvoa, mantiveron esta mañá un encontro para analizar as liñas de cooperación abertas entre ámbalas entidades e explorar outros campos de traballo

Para o presidente provincial “é esencial cooperar cunha organización que dinamiza a provincia xerando emprego e riqueza”. Puxo de relevo a colaboración público-privada, que non só se cingue ao ámbito económico, “como así o demostra a entrada da CEO na organización da Mobile Week ou de calquera outra actividade que teña que ver coa visibilidade da provincia”

Ourense, 7 de abril de 2022.- O presidente da Deputación, Manuel Baltar, e a presidenta da Confederación Empresarial de Ourense (CEO), Marisol Nóvoa, mantiveron esta mañá un encontro na sede dos empresarios para analizar as liñas de colaboración abertas entre ámbalas entidades e explorar outras vías de cooperación que, como resultado da xuntanza, traduciranse no apoio da institución provincial aos programas de reactivación do emprego da CEO para a inserción laboral de homes e mulleres maiores de 45 anos.

Leer más:   185 proxectos de concellos, asociacións e entidades ourensás serán financiados polo goberno provincial nos próximos meses

Tralo remate da reunión, o presidente provincial anunciou que a Deputación “vaise sumar a este campo de traballo cunha axuda de 45.000 euros que quedará reflectida na modificación de créditos que se presentará ao pleno de abril”. Un apoio máis á CEO “dentro desa alianza que mantemos en proxectos clave como as axudas á internacionalización ou para a promoción de sectores económicos importantes para a provincia como o vitivinícola”.

Para unha administración que opera no territorio como é a Deputación, destacou Manuel Baltar, “é esencial cooperar cunha organización que a través dos seus proxectos e persoas dinamiza a provincia xerando emprego e riqueza”. Baltar puxo de relevo a importancia da colaboración público-privada, que neste caso non só se cingue ao ámbito económico, “como así o demostra a entrada da CEO na organización da Mobile Week ou de calquera outra actividade que teña que ver coa visibilidade da provincia”.

Leer más:   Celebra por todo lo alto el Día Mundial del Teatro en Verín

Marisol Nóvoa, que estivo acompañada polo secretario xeral da organización, Jaime Pereira, puxo énfase pola súa banda na importancia destes encontros “para o seguimento de todos os proxectos que temos en marcha coa Deputación, nesta liña de ampla colaboración”. Un traballo conxunto, engadiu, que dá un paso máis “coa posta en marcha de novas iniciativas como o citado programa Reactiva, antes centrado nas mulleres desempregadas pero que agora tamén se estende a toda a poboación maior de 45 anos”.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorBaltar insiste en que se realice un congreso extraordinario del PPdeG como “solución normal” a la sucesión de Feijóo
Artículo siguienteRosendo Fernández asiste ao acto de conmemoración da primeira sentenza ditada en galego en Ourense
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.