Inicio Destacado A Deputación de Ourense consolida a colaboración coa Fundación Aquae Querquennae-Vía Nova...

A Deputación de Ourense consolida a colaboración coa Fundación Aquae Querquennae-Vía Nova para o estudo do legado romano na Baixa Limia

Manuel Baltar confirmou ao presidente da fundación, o profesor de historia antiga e arqueólogo, Antonio Rodríguez Colmenero, unha nova achega para continuar as escavacións no campamento militar situado en Bande

Durante unha xuntanza de traballo revisaron outras liñas de cooperación abertas, entre elas a publicación que está a preparar o arqueólogo sobre o conxunto de San Pedro de Rocas, que en setembro de 2023 celebrará o centenario da súa declaración como monumento nacional

Colmenero “merece o maior respecto como autoridade científica en relación coa nosa historia, polo que para nós é unha cuestión prioritaria seguir apoiando as súas investigacións”, afirmou Baltar

O profesor agradeceu “unha colaboración xenerosa coa que pouco a pouco estamos convertindo Aquis Querquennis nun lugar de referencia para non só para intelectuais, senón tamén para turistas”

Leer más:   A estación de montaña de Manzaneda acollerá o inicio e remate da tirada raíña da Volta Ciclista a Galicia

Ourense, 9 de abril de 2022.- A Deputación de Ourense consolidará a súa colaboración co estudo do legado romano na Baixa Limia consignando unha nova axuda á Fundación Aquae Querquennae-Vía Nova, con fin de continuar cos traballos de escavación que anualmente se realizan no campamento militar romano situado na ribeira do encoro das Conchas, en Bande. O presidente provincial, Manuel Baltar, confirmou esta nova achega ao presidente da fundación, o profesor de historia antiga e arqueólogo, Antonio Rodríguez Colmenero, durante un encontro no que tamén revisaron outras liñas de cooperación abertas entre a Deputación e o catedrático.

Logo dunha “xuntanza proveitosa”, Manuel Baltar anunciou que na modificación de créditos que se presentará ao pleno de abril, o goberno provincial habilitou unha axuda de 60.000 euros dos que máis do 60 % irán destinados ás escavacións do complexo militar Aquis Querquennis, e o resto para cofinanciar o funcionamento da fundación, de cuxo padroado tamén forma parte a Deputación de Ourense.

Leer más:   A Deputación concede 397.000 euros en axudas para actividades de asociacións culturais, veciñais e deportivas

O presidente provincial tamén destacou outras cuestións analizadas na reunión, como as investigacións que o profesor Rodríguez Colmenero está a realizar sobre a Vía Nova o Vía XVIII do Itinerario de Antonino, calzada romana que unía a antiga Bracara Augusta (Braga-Portugal) e Asturica Augusta (Astorga), e onde precisamente o complexo arqueolóxico de Bande era un dos puntos de descanso.

Tamén repasaron a publicación que prepara o arqueólogo sobre o conxunto de San Pedro de Rocas, que en setembro de 2023 celebrará o centenario da súa declaración como monumento nacional. Un estudo que incluirá novidosas teorías sobre a situación do mosteiro, a súa relevancia, a vida da época, o protagonismo na etapa sueva ou mesmo as orixes romanas.

Leer más:   A Deputación destina 255.000 euros á convocatoria de subvencións para proxectos de carácter social

Manuel Baltar puxo énfase na valía intelectual do profesor Rodríguez Colmenero, “unha autentica enciclopedia e autoridade en todo o que ten que ver coa nosa historia, a nosa arte e patrimonio, fundamentalmente na etapa romana”. Unha das persoas, dixo, “que merece o maior respecto como autoridade científica en relación coa nosa historia, polo que para nós é unha cuestión prioritaria seguir colaborando e apoiando as súas investigacións”.

Pola súa banda, o catedrático agradeceu as palabras do presidente e a colaboración “xenerosa” da Deputación de Ourense, “coa que pouco a pouco estamos convertindo Aquis Querquennis nun lugar de referencia para non só para intelectuais, senón tamén para turistas”.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorExcarcelada la conductora de un vehículo en Rubiá (Ourense) al salirse de la vía
Artículo siguienteLa Fiscalía abre diligencias penales por la tala de árboles en San Pedro de Rocas, en Esgos (Ourense)
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.