Inicio Destacado Ourense converterase na capital do canto coa celebración do IV Encontro de...

Ourense converterase na capital do canto coa celebración do IV Encontro de Coros Infantís, Xuvenís e Escolares

Estudantes de vinte centros educativos da provincia e doutros puntos de Galicia daranse cita no Auditorio municipal entre os días 22 e 24 nunha actividade musical organizada pola Deputación, o Concello de Ourense e maila Xunta de Galicia

Na presentación do evento, o vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, destacou a filosofía dunha actividade “que trata de unir e harmonizar á infancia e á mocidade a través do canto”, subliñando que tamén se promoven valores “como a equidade, a inclusión e a convivencia”

Dirixido polo compositor Josu Elberdin, o encontro inclúe sesións formativas e maila estrea dunha obra composta polo director en base a unha poesía do pedagogo e poeta ourensán Albino Núñez

Ourense, 19 de abril de 2022.- O Pazo Provincial acolleu esta mañá a presentación IV Encontro de Coros Infantís, Xuvenís e Escolares, que do 22 ao 24 de abril converterá a cidade de Ourense na capital do canto reunindo a 400 voces de estudantes pertencentes a 20 centros educativos da provincia, así como invitados procedentes doutros puntos de Galicia. Unha actividade organizada pola Deputación, o Concello de Ourense e maila Xunta de Galicia e que os seus produtores, dado o éxito de participación, non desbotan ampliar para próximas edicións.

Leer más:   A Deputación apoia a celebración da MITEU, “unha referencia para Galicia” segundo Rosendo Fernández

Na presentación do encontro participaron o vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández; o tenente alcalde do Concello de Ourense, Armando Ojea; a xefa territorial de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia en Ourense, Judith Fernández; e o produtor desta actividade, Carlos Núñez Deza.

César Fernández, que puxo de relevo “a colaboración entre as institucións que arrimamos o ombreiro para que este evento sexa un éxito”, destacou a filosofía dunha actividade  “que trata de unir e harmonizar á infancia e á mocidade a través da música e, nomeadamente, do canto”, subliñando que tamén se promoven valores “como a equidade, a inclusión e a convivencia, pero cunha vertente formativa e educativa moi importante”.

Na mesma liña pronunciouse Armando Ojea, que destacou as oportunidades que ofrece o canto en grupos ou coros “á hora de aprender a solidarizarse, a respectar os demais e a traballar en equipo”. Unha vertente que Judith Fernández ampliou “ao campo da conservación das nosas tradicións e do noso patrimonio cultural a través dunha actividade enriquecedora para os rapaces e rapazas”.

Leer más:   Cuándo abren las piscinas en Ourense Estos son los horarios

Ourencanto crea tendencia, dixo pola súa banda Carlos Núñez, con actividades semellantes que xa xurdiron en Burgos, en breve tamén en Tenerife e con moitos seguidores a nivel internacional en países de fala hispana e inglesa, “polo que cremos que o obxectivo que mos marcamos cando empezamos a traballar está sobradamente cumprido”.

Carlos Núñez tamén defendeu o canto coral “como unha axuda extraordinaria na formación educativa e cultural, que potencia a capacidade de expresión e a convivencia”, mantendo a súa aposta por conseguir “que cada centro educativo poida chegar a ter o seu propio coro, como ocorre na maioría dos países de Europa que hoxe son punteiros en educación é cultura”.

Baixo a dirección artística do compositor Josu Elberdin, transmitido a través das redes sociais e “con moitas sorpresas”, o encontro inclúe sesións formativas nas xornadas do venres, sábado e domingo, ademais da interpretación de cancións de diversos estilos e a estrea dunha obra composta por Elberdin para Ourencanto, en base a unha poesía do pedagogo e poeta ourensán Albino Núñez.

Leer más:   A Deputación patrocina o Torneo Clasificatorio para o Campionato de Europa de Seleccións Masculinas de Hockey Herba

- Te recomendamos -
Artículo anteriorO presidente da Deputación reúnese co alcalde de Vilar de Santos
Artículo siguienteSale a información pública un nuevo parque eólico de Greenalia en Baltar, Calvos de Randín y Os Blancos (Ourense)
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.