Inicio Destacado Este luns ábrese o prazo para participar no Campamento Explora Ourense, que...

Este luns ábrese o prazo para participar no Campamento Explora Ourense, que se desenrolará en Muíños durante agosto

O Complexo do Corgo, en Muíños, no Parque natural da Baixa Limia- Serra do Xurés acolle este campamento xuvenil, organizado pola Deputación coa colaboración do Concello e da asociación Sustinea

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, destacou a “completa oferta de actividades” e a importancia de que os rapaces desfruten mentres coñecen “unha das mellores postais da nosa provincia”

O alcalde de Muíños, Plácido Álvarez, avanzou a “altísima participación en tódolos campamentos que acolleremos este verán” e agradeceu o apoio da Deputación para “contar con Muíños para facer provincia”

O Campamento Explora Ourense ofrecerá dúas quendas de inscrición: do 1 ó 6 de agosto para nenos de entre 9 e 11 anos -20 prazas- e do 7 ó 12 de agosto para nenos de 12 a 14 anos -20 prazas-

Nesta nova edición incorpóranse actividades en inglés ó programa habitual de kaiak, sendeirismo, vivaque e xogos

Ourense, 1 de xullo de 2022.- Corenta rapaces poderán desfrutar en agosto do Campamento Explora Ourense – Campamento da Ourensanía, que se desenrolará no Complexo do Corgo, en Muíños, dentro do Parque natural da Baixa Limia – Serra do Xurés. Esta iniciativa está organizada pola Deputación en colaboración co Concello de Muíños e a asociación Sustinea, e conta cun prazo de solicitude para inscribirse entre este luns, 4 de xullo, e o 13 de xullo.

Leer más:   Alarma en Ourense por incendio en edificio residencial

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, presentou o campamento acompañado polo alcalde de Muíños, Plácido Álvarez, e Paulo Vázquez, de Sustinea. Baltar resaltou que “un ano máis, a Deputación de Ourense colabora co Concello de Muíños para que a mocidade desfrute deste campamento nunha das paraxes máis senlleiras do noso territorio, sen dúbida unha das mellores postais de Ourense”.

Manuel Baltar destaca a importancia de que a “mocidade desfrute destes campamentos, coñezan polo miúdo un dos lugares máis importantes da provincia, á vez que enriquecen esta estadía co inglés e o resto de actividades, nunha completa oferta para un momento de lecer moi necesario para os novos da casa”.

Leer más:   A Deputación afonda na colaboración coa CEO impulsando un novo programa de inserción laboral

“Agradezo ao Concello de Muíños e ó seu alcalde, ó grupo de goberno e os técnicos municipais, este impulso, esta capacidade de proposta”, valorou o presidente da Deputación, que enfatizou a importancia da cooperación: “A través da colaboración podemos elaborar estas iniciativas, que proxectan unha magnífica imaxe de Muíños e de toda a provincia”.

Nesta mesma liña, o alcalde de Muíños, Plácido Álvarez, destacou a importancia de impulsar este tipo de actividades, como os campamentos para os rapaces ou o programa Xurés Experience, para a dinamización de Muíños e de toda a comarca. “A altísima participación que teremos en tódolos campamentos deste verán amosan o éxito desta aposta. Estamos moi orgullosos de recibir a tantos rapaces nas próximas semanas”, analizou Álvarez, antes de agradecer o apoio da Deputación “para que conte con Muíños para facer provincia”.

Leer más:   A Deputación entregará os premios do concurso Estatuto de Autonomía de Galicia o 6 de abril, no Teatro Principal

Dúas quendas en agosto

O Campamento Explora Ourense – Campamento da Ourensanía ofrecerá dúas quendas: do 1 ó 6 de agosto para nenos de entre 9 e 11 anos -20 prazas- e do 7 ó 12 de agosto para nenos de 12 a 14 anos -20 prazas-.

Coma novidade, nesta edición incorpóranse actividades en inglés, que permitirán avanzar no coñecemento deste idioma dun xeito lúdico. Ademais, manteranse actividades coma o kaiak, o sendeirismo, vivaque, xogos…

A matrícula individual é de 85 euros. Para solicitar a participación, o prazo estará aberto dende o 4 de xullo ata o día 13 e as inscricións poderán realizarse a través da folla de solicitude que se habilitará o efecto na web da Deputación (www.depourense.gal) ou no Centro Cultural Marcos Valcárcel no número 988 317 895.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorBaltar recoñece o traballo de Verino na inauguración da retrospectiva do deseñador: “É momento para crer na palabra ‘orgullo’ e neste territorio, feito con tesón e creatividade”
Artículo siguienteA deputada Patricia Torres asistiu á clausura do CeMAC
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.