Inicio Destacado Rosendo Fernández pon en valor “a diferenciación que en materia turística achegan...

Rosendo Fernández pon en valor “a diferenciación que en materia turística achegan as contornas con encoros”

Rosendo Fernandez no Comite E xecutivo de Femembalses 1

O vicepresidente primeiro da Deputación participou esta mañá en Madrid na reunión da Comisión Executiva da Federación de Asociacións e Municipios con Centrais Hidráulicas e Encoros (Femembalses)

Destacou ao remate do encontro a decidida aposta do goberno provincial por valorizar “o grandísimo potencial dos encoros pola súa capacidade de xerar riqueza e emprego, como polo de atracción de visitantes e parte fundamental do ecosistema de turismo deportivo”

Nesta estratexia destacou as rutas en «ecobarco» a través de pequenos catamaráns 100 % eléctricos. Hai dez días licitouse a adquisición das primeiras unidades para percorrer tres encoros da provincia.

Fernández asumiu a representación de Manuel Baltar, que ocupa a vicepresidencia primeira da federación

Leer más:   A Deputación participará na creación do primeiro museo virtual da informática de Galicia

Ourense, 1 de xullo de 2022.- O vicepresidente primeiro da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, participou esta mañá na reunión da Comisión Executiva da Federación de Asociacións e Municipios con Centrais Hidráulicas e Encoros (Femembalses), celebrada en Madrid. Un encontro no que os asistentes analizaron o informe realizado sobre o proxecto “Ecotural; experiencias turísticas en municipios con encoros”, presentado ás axudas do Programa Experiencias Turismo España, unha iniciativa da Secretaría de Estado de Turismo para a modernización do sector dotado con 100 millóns de euros no marco dos fondos Next Generation.

Ao remate da xuntanza, que tivo lugar na sede da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Rosendo Fernández puxo en valor “a diferenciación que en materia turística achegan as contornas con encoros, nun sector moi competitivo e na procura continua de experiencias innovadoras”.

Leer más:   Regresa a Muíños o campamento de formación musical “Music Camp”

En nome do presidente da Deputación, Manuel Baltar, que ocupa a vicepresidencia primeira de Femembalses, Rosendo Fernández lembrou a decidida aposta do goberno provincial por valorizar “o grandísimo potencial dos encoros pola súa capacidade de xerar riqueza e emprego, como polo de atracción de visitantes e como parte fundamental do ecosistema de turismo deportivo que desenvolvemos acollendo probas deportivas nacionais e internacionais de máximo nivel”.

Unha estratexia á que se engade, dixo, as rutas en «ecobarco», “un proxecto no que traballa a Deputación de Ourense co obxectivo de crear unha frota de pequenos catamaráns, 100 % eléctricos”. Precisamente hai apenas dez días licitouse a adquisición das primeiras unidades para percorrer tres encoros da provincia.

Leer más:   Cenlle reúne este sábado a 400 deportistas no campionato galego de inverno de piragüismo de barcos de equipo

A orde do día da convocatoria incluíu outros asuntos referidos ás relacións dos municipios coas administracións, como o proxecto de Real Decreto sobre a instalación de paneis fotovoltaicos flotantes nos encoros, a adxudicación por parte da Dirección Xeral da Auga dun estudo sobre as caducidades das adxudicacións ou a actualización do IAE para os concellos con centrais hidroeléctricas, así como tamén cuestións de trámite sobre a propia federación como temas de xestión económica.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorJácome retira una moción que pedía la dimisión de Paula Prado al mantener el PSOE una enmienda que exigía la de Tellado
Artículo siguientePablo Pérez participa na illa da Palma na Comisión de Deputacións provinciais, Cabildos e Consellos Insulares da FEMP
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.