Inicio Destacado A Deputación organizou un “Blog Trip” para promocionar a través das redes...

A Deputación organizou un “Blog Trip” para promocionar a través das redes sociais o Destino Río Limia-Lima

Os catro participantes, de Galicia e Portugal, percorreron este pasado fin de semana  o territorio transfronteirizo para a súa posta en valor

A actividade forma parte do proxecto Fronteira Esquecida, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa INTERREG V A España-Portugal (POCTEP) 2014 -2020

Ourense, 5 de xullo de 2022.- A Deputación de Ourense organizou esta pasada fin de semana un “Blog- Trip”, unha viaxe organizada con participantes destacados nas redes sociais, para promocionar o territorio transfronteirizo do río Limia-Lima. Na actividade participaron catro “influencers”, de orixe galega e portuguesa, que foron os encargados de transmitir nas súas redes a experiencia. Son os galegos Turvegal, Loves Galicia e Bonitalavidaviviendovigo,  e o portugués Rui Farinhaa.

Leer más:   Manuel Baltar reúnese co xurado da XXVII edición do Festival Internacional de Cine de Ourense

A viaxe iniciouse este venres en Ourense. Despois de ser recibidos pola deputada Luz Doporto na área de Benestar da Deputación, nun encontro no que puideron coñecer, entre outras cousas, detalles do programa de Termalismo Social da Deputación. Despois deste encontro, os “influencers” visitaron os concellos de Bande, Lobios e Muíños e cruzaron a Portugal o país por Ponte da Barca e coñeceron Arcos de Valdevez e Ponte de Lima. O domingo chegaron a Viana do Castelo, onde o río Limia-Lima desemboca no océano Atlántico.

Neste fin de semana viviron a experiencia deportiva co sendeirismo e o descenso en kaiak polo río Limia-Lima. A experiencia gastronómica tamén formou parte das actividades, degustando a comida tradicional das diversas zonas; ao ámbito cultural déuselle pulo a través da visita a restos romanos como o Aquis Querquennis ou os restos megalíticos de Muíños. Tamén puideron desfrutar do termalismo do territorio no Balneario de Lobios.

Leer más:   ÚLTIMA HORA | 'Te voy a matar', horror en Lugo: detenido un hombre por amenazar de muerte a su pareja

Esta actividade forma parte do proxecto Fronteira Esquecida, cofinanciado ao 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa INTERREG V A España- Portugal (POCTEP) 2014-2020.

O obxectivo deste programa é poñer en valor o entorno polo que a través dos seus 108 quilómetros, flúe o río Limia-Lima, para impulsar o turismo responsable, baseado na sostibilidade respecto  á poboación local, patrimonio e medio ambiente. En Galicia o proxecto abarca as comarcas que rega o río e en Portugal as cámaras municipais de Ponte da Barca, Arcos de Valdevez, Ponte de Lima e Viana do Castelo.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorLos nueve presidentes de distrito del PP en Ourense animan a Manuel Cabezas a presentarse como candidato en 2023
Artículo siguienteHerido un hombre tras caerse del tejado de un nicho que reparaba en el cementerio de Petín (Ourense)
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.