Inicio Destacado A Deputación concede 341.000 euros en axudas para iniciativas empresariais, deportistas cualificados...

A Deputación concede 341.000 euros en axudas para iniciativas empresariais, deportistas cualificados e cooperación cos concellos

Ourense, 26 de xullo de 2022.- A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, reunida esta mañá por vía telemática baixo a presidencia do vicepresidente primeiro, Rosendo Fernández, aprobou a concesión de máis de 341.000 euros en subvencións para iniciativas empresariais no marco do programa EmprendOU, deportistas cualificados en modalidades individuais e cooperación cos concellos.

Na sesión resolveuse o expediente número 42 do programa EmprendOU, que financia proxectos empresariais e de autoemprego en municipios rurais en situación de declive demográfico. As dúas axudas aprobadas hoxe, por un importe próximo a 14.000 euros, refírense a actividades relacionadas cos servizos forestais e artesanía a desenvolver nos concellos de Taboadela e Celanova.

Polo que respecta ao ámbito deportivo aprobáronse un total de 51 subvencións a outros tantos deportistas cualificados pertencentes a 13 modalidades individuais, entre as que se atopan ximnasia, piragüismo, tiro olímpico, artes marciais, atletismo, natación, vela, bádminton, halterofilia, motociclismo ou as chamadas loitas olímpicas. O importe total das axudas é de 30.000 euros, que se distribúen en achegas de 1.500, 850, 600 e 400 euros.

Leer más:   Rosendo Fernández asiste ao ingreso do arqueólogo José María Eguileta como académico de número na Real Academia Galega de Belas Artes

En cooperación cos concellos, as subvencións aprobadas foron as seguintes: Máis de 48.000 euros para o Concello Carballeda de Avia destinados á rehabilitación de equipamento público; 66.000 euros para acondicionamento de rúas en Cenlle; e 22.000 euros para obras na pasarela do río Avia en Leiro. O Concello de Sarreaus recibirá senllas achegas: 47.000 euros para reparación de beirarrúas e 48.000 para mellora de instalación deportivas; e San Xoán de Río disporá de preto de 67.000 euros para a construción dunha nave municipal.

Entre os asuntos tratados na sesión desta mañá figura a modificación das tarifas pola prestación de servizos ou a realización de actividades no Pazo dos Deportes Paco Paz, así como noutras instalacións deportivas pertencentes ou xestionadas pola Deputación. Esta modificación, que se produce trala eliminación das limitacións impostas pola pandemia, inclúe o uso dos pavillóns auxiliar e principal; o labor dos empregados do Pazo dos Deportes para a organización de actividades alleas; os abonos por tempada para as escolas deportivas; os programas e abonos anuais para fitness; a zona de spa; ou o servizo de fisioterapia.

Leer más:   31.000€ de indemnización por caerse al caminar por suelo fregado que no estaba señalizado

- Te recomendamos -
Artículo anteriorEl tiempo para hoy en Ourense, 26 de julio de 2022
Artículo siguienteJácome rompe el pacto de gobierno con el PP en Ayuntamiento y Diputación de Ourense
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.