Inicio Destacado A Deputación entrega dez gaitas elaboradas polo Obradoiro de instrumentos

A Deputación entrega dez gaitas elaboradas polo Obradoiro de instrumentos

Ourense, 29 de xullo de 2022.- A deputada de Cultura, Patricia Torres, entregou esta mañá na sala de xuntas do Pazo Provincial dez gaitas elaboradas polo Obradoiro de instrumentos da Deputación á banda de gaitas trivesa Os Trintas, representada polo seu director, Santiago Mera, e membros da directiva.

“Este é un xeito máis, tremendamente importante, de apoiar a formación musical dos veciños ourensáns e ademais supón un respaldo para esta formación”, sinalou a deputada, que ademais de aplaudir a traxectoria de Os Trintas quixo recoñecer o excelente traballo realizado polo obradoiro dirixido por Manuel Brañas.

Mentres, dende a banda trivesa resaltaron que “hoxe é un día moi importante, porque estes instrumentos facían moita falta para garantir a nosa continuidade como agrupación. Agradecemos que a Deputación atendera a nosa petición e seguiremos traballando a prol da cultura galega”.

Leer más:   O vicepresidente Rosendo Fernández participa na entrega de premios da etapa ourensá da Volta Ciclista a Galicia

- Te recomendamos -
Artículo anteriorA Deputación colabora coa Arnoia Sup Challenge, que reúne este domingo a referentes mundiais do paddle surf
Artículo siguienteA Deputación adhírese aos seis Grupos de Desenvolvemento Rural da provincia achegando apoio técnico, xurídico e económico
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.