Inicio Destacado A Deputación colabora nun libro sobre os túmulos de Terra de Montes,...

A Deputación colabora nun libro sobre os túmulos de Terra de Montes, escrito polo arqueólogo Jorge Lamas

Ourense, 5 de agosto de 2022.- A Deputación colabora, a través da súa imprenta, coa publicación de “O fenómeno tumulario na Terra de Montes”, escrito polo arqueólogo Jorge Lamas Bértolo a partir dun encargo do expresidente da Asociación Amigos da Terra de Montes, José Raposeiras. Este libro será presentado mañá ás 12,30 horas na antiga casa reitoral de Beariz, dentro do programa da xuntanza anual desta asociación, nun acto no que intervirá o vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández acompañado, entre outros, polo actual presidente de Amigos da Terra de Montes, Tomás José Sancho. Sancho resalta a “satisfacción” por cumprir este proxecto, nun traballo dunhas 200 páxinas que inclúe 166 fichas de túmulos catalogados neste territorio -Beariz, Forcarei e o antigo municipio de Cerdedo-.

Leer más:   Concentración en solidariedade co pobo de Ucraína

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, conversou sobre este libro co alcalde de Beariz, Manuel Prado, nunha reunión celebrada no Pazo Provincial.

 


- Te recomendamos -
Artículo anteriorRosendo Fernández asiste ao Encontro de Verán de Asomega, unha homenaxe ao médico rural
Artículo siguienteCésar Fernández define a Coupe de la Jeunesse como “unha magnífica postal que amosa o futuro de Ourense”
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.