Inicio Destacado O PSOE de Punxín esixe a Deputación e Concello que cumpran coa...

O PSOE de Punxín esixe a Deputación e Concello que cumpran coa recollida do lixo tralo desbordamento de contedores desde hai semanas

O PSDEG-PSOE DE PUNXÍN SOLICITA Á DEPUTACIÓN DE OURENSE O “CUMPRIMENTO INMEDIATO” DO CONVENIO DE RECOLLIDA DE LIXO TRALO DESBORDAMENTO DE CONTEDORES DESDE HAI SEMANAS

O Grupo Socialista deste municipio denuncia o incumpremento do acordado nun convenio que obriga a ambas partes, polo que solicita novamente que Deputación e Concello executen o acordado

A voceira, Lorena Peleteiro, manifesta que “a Deputación incumpre, o Concello cala e a veciñanza paga unha vez máis”, considerando que esta situación debe “mudar urxentemente”

Punxín/Ourense, 11 de agosto de 2022. As concelleiras socialistas do municipio ourensán de Punxín veñen de presentar un novo escrito no que solicitan o “cumprimento íntegro” por parte da Deputación de Ourense do convenio para a recollida do lixo, asinado entre o Concello e a entidade provincial. Lorena Peleteiro, voceira socialista, afirma que “a Deputación cumpre puntualmente co cobro das taxas á veciñanza, pero esquécese de cumprir coas obrigas máis básicas do convenio”.

Leer más:   1,17 millóns estatais para impulsar o Parador de Santo Estevo

Desde o Partido Socialista de Punxín destacan que as queixas da veciñanza sobre o mal funcionamento “son constantes”, pero “intensifícanse ano tras ano na época estival, cando a poboación do muncipio increméntase e a recollida do lixo redúcese”. Denuncian as edís que “hai localidades nas que os contedores levan 20 días sen baleirar, co conseguinte desbordamento dos mesmos, así como os malos olores que causan”.

“É inconcibible que, coas altas temperaturas que estamos a sufrir e coas vilas cheas de xente polo período estival, teñamos montañas de lixo acumuladas nos contedores por culpa da total ineficiencia da Deputación de Ourense e do desleixo absoluto do Concello de Punxín”, denuncian antes de recordar que “tampouco efectúan a limpeza das contenedores, cos problemas de salubridade e oleres esaxerados que eso xenera”.

Leer más:   Esiximos xustiza para as familias ourensás no acceso ás axudas escolares do Concello

Peleteiro manifesta que “a Deputación incumpre, o Concello cala e a veciñanza paga unha vez máis”, considerando que esta “situación inasumible” debe “mudar de maneira urxente”. “Non reclamamos cousas extraordinarias; simplemente pedimos que cumpran co convenio asinado, un convenio polo que pagamos por un presunto servizo de luxo mentres que, en realidade, recibimos un servizo pésimo”.

As socialistas demandan que “non haxa veciños de primeira e de segunda” en Punxín e que todas e todos teñan aceso aos mesmos dereitos. “A falta de dilixencia do actual grupo de goberno para facer cumprir o acordado coa Deputación ourensá, provoca que a recollida ordinaria de lixo estea sendo máis deficitaria ca nunca, algo que non soamente dicimos nós, senón que é un clamor entre toda a veciñanza e así nolo trasladan semana tras semana”, sinalan antes de concluír recordando que estamos a falar dun “servizo básico” que a lexislación vixente obriga a prestar con dilixencia a todos os municipios, polo que “nin é de recibo nin é regular” a situación na que se atopan localidades de Punxín.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorEl tiempo para hoy en Ourense, 11 de agosto de 2022
Artículo siguienteEl alcalde de Chandrexa asegura que “no hay la menor duda” de que el incendio de la zona “fue intencionado”
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.