Inicio Destacado As Xornadas de Folclore levaron a música e danza de raíz global...

As Xornadas de Folclore levaron a música e danza de raíz global a Castro Caldelas e Manzaneda

Ourense, 12 de agosto de 2022.- As Xornadas de Folclore, organizadas pola Deputación de Ourense e o Centro Cultural Xaquín Lorenzo e que contan co apoio da Xunta de Galicia, levaron de novo a música tradicional global a Manzaneda e Castro Caldelas, tras dous anos de ausencia obrigada pola situación sanitaria.

Na praza do Prado do Concello de Castro Caldelas, os integrantes dos grupos de Colombia, México e Timor enchiron dende as 22,30 horas de luz e de cor o escenario, dando un gran protagonismo ó vestiario feminino. Durante esta noite, os asistentes puideron desfrutar dos bailes máis coñecidos destas culturas, coma o jalisco ou a cumbia pero descubrir, do mesmo modo, outros estilos de baile folclórico.

Leer más:   A Deputación colaborará coa asociación Amigos da Cociña Galega en proxectos de internacionalización da gastronomía ourensá

En Manzaneda, onde o festival tamén arrancou ás 22.30 horas, os grupos de Costa de Marfil, Indonesia e Chile, deron mostra do seu gran talento, ofrecendo a un público que ocupaba a práctica totalidade dos espazos dispoñibles, un espectáculo de alta calidade e que combinou elementos danzas que versaron sobre os conflitos e danzas cerimoniais dos países,  pero sen deixar de lado os bailes folclóricos máis coñecidos como o rapanui -baile folclórico da Illa de Pascua e interpretado polo Ballet Folclórico Municipal de Rancagua-.

Este sábado, os grupos de Costa de Marfil, Indonesia e Chile actuarán na localidade de Viana ás 22.30, mentras que o resto de participantes farán o propio na vila de Entrimo ás 20,30 horas.

Leer más:   A Deputación colaborará co músico ourensán Víctor Prieto no regreso, en 2023, das súas clases maxistrais internacionais de acordeón

 


- Te recomendamos -
Artículo anteriorEl tiempo para hoy en Ourense, 13 de agosto de 2022
Artículo siguienteEl incendio de Laza (Ourense) sigue activo, con 2.100 hectáreas quemadas, aunque mantiene una buena evolución
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.