Inicio Destacado As Xornadas de Folclore obtiveron unha “resposta masiva dos ourensáns” no seu...

As Xornadas de Folclore obtiveron unha “resposta masiva dos ourensáns” no seu percorrido por dezaseis concellos da provincia

Despois da clausura en Ribadavia da XXXVII edición, o vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, salienta o “rotundo éxito dunhas xornadas consolidadas coma a cita folclórica estival de referencia en Galicia”

“O resultado é moi satisfactorio”, destaca o director artístico das Xornadas de Folclore, Xulio Fernández

Ourense, 18 de agosto de 2022.- Ribadavia puxo onte á noite punto e final á XXXVII edición das Xornadas de Folclore, un festival organizado pola Deputación de Ourense e o Centro Cultural Xaquín Lorenzo co apoio da Xunta de Galicia. Este festival volveu a situar á provincia de Ourense como punto de encontro da cultura global, con seis formacións procedentes de Chile, Colombia, Costa de Marfil, Indonesia, México e Timor Oriental visitando dezaseis concellos ourensáns: Bande, A Rúa, Carballiño, Celanova, Allariz, Maceda, Manzaneda, Castro Caldelas, Viana, Entrimo, Trives, Xinzo, O Barco, Verín, Ourense e Ribadavia.

Leer más:   Recepción ao alcalde de Castrelo de Miño

A XXXVII edición tamén supuxo a volta á normalidade despois de dous anos de parón debido as restricións sanitarias, sumando en todas as citas unha asistencia masiva, rozando a ocupación plena dos asentos dispostos para o público en cada vila.

Como balance final, o vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, resalta “o rotundo éxito dunha actividade cultural que congrega na provincia de Ourense en agosto un número importante de persoas, que se achegan a coñecer e gozar co folclore dos países invitados”. César Fernández tamén destaca a “resposta masiva dos ourensáns para gozar cun evento que suma trinta e sete edicións e que xa está consolidado como a cita estival folclórica máis importante de Ourense e de Galicia”.

Leer más:   A Deputación publica o libro “Ourense, terma bimilenaria”, da investigadora Marita Souto

“O resultado é moi satisfactorio, porque a verdade é que estábamos desexosos de poder celebrar de novo este evento”, sinala o director artístico das Xornadas de Folclore, Xulio Fernández, recoñecendo a súa felicidade pola acollida que tiveron durante estes dez días tanto os artistas coma as propias Xornadas, que xa miran cara o ano 2023.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorOurense consolídase como provincia de referencia nos deportes náuticos co II Descenso Internacional de Piragüismo
Artículo siguienteA Deputación colabora coa XXXI edición da Festa da Vendima de Leiro
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.