Inicio Destacado O vicepresidente César Fernández asiste ao arranque da segunda edición do Espírito...

O vicepresidente César Fernández asiste ao arranque da segunda edición do Espírito Ribeiro, en A Arnoia

Ourense, 19 de agosto de 2022.- O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, asistiu esta tarde na Queixeira, A Arnoia, á primeira xornada do Espírito Ribeiro. Na inauguración da segunda edición deste festival, que conta co apoio da Deputación, César Fernández estivo acompañado polo conselleiro de Medio Rural, José González; os alcaldes de A Arnoia, Castrelo de Miño e Cenlle -Rodrigo Aparicio, Avelino Pazos e José Manuel Rodríguez-; o delegado da Xunta de Galicia, Gabriel Alén; o presidente da CRDO Ribeiro, Juan Manuel Casares; ou o coordinador do Espírito Ribeiro, Juan Rivas. 

A primeira xornada do Espírito Ribeiro conta coas actuacións de A Roda e os Fabulosos Weekend, dentro dunha programación na que tamén sobresae un mercado de produtores de proximidade dentro dun festival que aposta por conxugar a cultura do viño e a paisaxe coa gastronomía, a música, e os produtos locais.

Leer más:   O Centro Cultural Marcos Valcárcel presenta unha retrospectiva do artista galego Manuel Pesqueira

Mañá, sábado 20 de agosto, o festival trasladarase a Castrelo de Miño, nunha xornada que abarca un espectáculo de ciencia para todos os públicos e as actuacións de Roi Casal e “Ciao Raffaella”, concerto baseado nunha das grandes divas da música disco, Raffaella Carrá.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorA Deputación colabora coa XXXI edición da Festa da Vendima de Leiro
Artículo siguienteCésar Fernández participa na entrega de premios da Copa Deputación de Vela
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.