Inicio Destacado Castrelo de Miño celebra o Espírito Ribeiro

Castrelo de Miño celebra o Espírito Ribeiro

Ourense, 20 de agosto de 2022.- O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, asistiu na noite deste sábado, en Castrelo de Miño, á segunda xornada do Espírito Ribeiro, festival organizado por este concello xunto ao de Arnoia e Cenlle co apoio da Deputación e a Xunta de Galicia. Este sábado estivo protagonizado  polo mercado de produtores locais e as actuacións de Roi Casal e o espectáculo homenaxe a Raffaella Carrá.

César Fernández estivo acompañado, entre outros, polos conselleiros de Medio Rural e Sanidade, José González e Julio García Comesaña; o delegado da Xunta, Gabriel Alén; ou os alcaldes de A Arnoia, Castrelo de Miño e Cenlle, Rodrigo Aparicio, Avelino Pazos e José Manuel Rodríguez. 

Leer más:   A Deputación aproba a concesión de 300.000 euros en axudas para cooperación cos concellos

Esta tarde-noite celebrarase en Cenlle a terceira xornada da segunda edición do Espírito Ribeiro. A programación arrancará co pallaso Rony Macarroni e o seu espectáculo para público infantil e familiar. A continuación, o grupo ourensán Soul & Roll interpretará versións de clásicos pop e para concluír, o grupo Tam Tam Go. 

 

 


- Te recomendamos -
Artículo anteriorCésar Fernández participa na entrega de premios da Copa Deputación de Vela
Artículo siguienteA deputada Luz Doporto participa na XXIII edición da Festa dos Callos Limiaos
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.