Inicio Destacado O mellor fútbol sala feminino regresa a Cartelle, co apoio da Deputación,...

O mellor fútbol sala feminino regresa a Cartelle, co apoio da Deputación, no II Torneo Internacional Ourensanía

Na presentación do evento, Manuel Baltar expresou a súa satisfacción pola cooperación entre a Deputación e a Xunta, “compañeiros de viaxe nunha cita que sitúa á provincia como un territorio perfectamente apto para o deporte de alto nivel”

O alcalde, Jaime Sousa, cualificou este torneo como “un dos trofeos máis importantes de Europa, que se celebra no pobo do fútbol sala feminino”

Os días 3 e 4 de setembro, no pavillón de deportes Piño Vilachá de Outomuro, daranse cita catro equipos: Cidade das Burgas; MSC Torreblanca de Melilla; CD Burela; e o campión italiano Cittá di Falconara

Ourense, 25 de agosto de 2022.- Catro equipos de fútbol sala feminino procedentes de Galicia, Melilla e Italia participarán no II Torneo Internacional Ourensanía-Concello de Cartelle, que se disputará os días 3 e 4 de setembro no pavillón de deportes Piño Vilachá de Outomuro. A competición foi presentada esta mañá no Pazo Provincial polo presidente da Deputación, Manuel Baltar; acompañado polo alcalde, Jaime Sousa; o coordinador de deporte escolar da Xunta de Galicia en Ourense, Carlos Bericat; e mailo organizador do torneo, José Ángel Baliñas.

Leer más:   Castrelo de Miño acolle este sábado a primeira edición da Copa de España Inclusiva de Motonáutica

Manuel Baltar puxo en valor a consolidación deste evento “grazas á capacidade de proposta”  do Concello e do seu alcalde, “convertendo de novo a Cartelle na capital do fútbol sala feminino”. Baltar expresou a súa satisfacción pola cooperación entre a Deputación e a Xunta de Galicia, “compañeiros de viaxe nunha cita que sitúa á provincia  como un territorio perfectamente apto para o deporte de alto nivel, dentro dese ecosistema deportivo polo que apostamos”.

Jaime Sousa, agradecido por contar co apoio da Deputación e da Xunta, cualificou este torneo como “un dos trofeos máis importantes de Europa, que se celebra, tal e como di un cartel á entrada de Cartelle, no pobo do fútbol sala feminino”.  Para Carlos Bericat, competicións destas características contarán sempre co apoio da Xunta, “xa que axudan á promoción do deporte feminino e xeran unha base importante para manter equipos de gran nivel”.

Leer más:   Avería en obras del AVE paraliza Internet en empresas de Barreiros

“Un cartel de auténtico luxo”, valorou José Ángel Baliñas á hora de detallar os equipos participantes neste torneo: Cidade das Burgas; MSC Torreblanca F.S. de Melilla; CD Burela; e o campión italiano Cittá di Falconara.

 

 


- Te recomendamos -
Artículo anteriorEsiximos que o Concello de Ourense tome medidas fronte ás picadas contra as mulleres
Artículo siguienteO servizo de ludoteca móbil da Deputación percorre este verán dezaoito concellos da provincia
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.