Inicio Destacado O fotógrafo Manuel Outumuro, Premio Ourensanía 2022

O fotógrafo Manuel Outumuro, Premio Ourensanía 2022

Manuel Baltar, que comunicou telefonicamente ao gañador o fallo do xurado, destaca o percorrido “dun dos máis grandes fotógrafos contemporáneos a nivel nacional e internacional, un exemplo de prestixio profesional e un orgulloso ourensán”

San Cristovo de Cea, 26 de agosto de 2022.- O xurado do Premio Ourensanía 2022, reunido esta mañá no mosteiro de Oseira, en San Cristovo de Cea, baixo a presidencia de Manuel Baltar, acordou por unanimidade conceder este galardón ao fotógrafo Manuel Outumuro, “por unha traxectoria profesional de primeiro nivel no ámbito nacional e internacional”.

Tralo remate da reunión, Manuel Baltar comunicou telefonicamente a decisión do xurado a Manuel Outumuro, quen manifestou a súa ledicia por este recoñecemento. O presidente da Deputación destacou “a nova aposta do xurado por un ourensán, tamén universal, como é Manuel Outumuro, un dos máis grandes da fotografía” e explica que este fotógrafo é “un exemplo de traballo ben feito e de prestixio dentro da profesión, cunha longa traxectoria e con orgullo de ser ourensán”. Manuel Baltar apoiouse no longo número de fitos e éxitos profesionais acadados polo fotógrafo ourensán, “que por exemplo, recibirá en outubro un importante premio nos Estados Unidos, o Lucie Award, polos seus logros na fotografía de moda”, para concluír que sen dúbida, “Manuel Outumuro merece este premio Ourensanía 2022”.

Manuel Baltar tamén resaltou que “a lista de gañadores do Premio Ourensanía vese agora xunguida cun nome como o de Manuel Outumuro” e define a próxima entrega do premio, o 11 de novembro, o día de San Martiño no Teatro Principal, coma “unha nova oportunidade para apostar polo territorio, un territorio cuns retos moi ambiciosos e cun futuro que ninguén pode negar”.

Leer más:   ¿Cuándo comienzan las clases en Ourense?

Unha figura clave na cultura española contemporánea

Manuel Outumuro (A Merca, 1949) é un dos fotógrafos españois máis importantes das últimas décadas. Formado como deseñador gráfico na Escuela Massana, foi director de arte, deseñador gráfico ou ilustrador antes de comezar en 1990 a súa traxectoria como fotógrafo profesional. Hoxe, debullar hoxe a biografía dun home autodefinido como “artesán que realiza fotografías por encargo” é observar a evolución da cultura visual española, especialmente a moda e o cine. Especializado nos retratos, polo obxectivo de Outumuro teñen pasando centos de emblemas da contemporaneidade -directores, actores, modelos, escritores, deportistas…- para traballos en xornais, revistas de moda, publicacións de referencia nacionais e internacionais.

Os numerosísimos libros e exposicións retrospectivas da súa obra -con algunha mostra tan emblemática coma ‘Outumuro looks’, que chegou a ser exposta en cidades como Moscova, ou ‘Outumuro BCN retrats’ – axudan a entender a pegada de Manuel Outumuro no deseño estético e o retrato da España contemporánea, a través dun estilo singular e natural, influído polos clásicos da fotografía e da pintura e no que a luz xoga un papel predominante.

Leer más:   O presidente da Deputación reúnese co alcalde de Vilar de Santos

Un frutífero camiño profesional no que, en paralelo, avanzou nos seus fondos vencellos coa súa terra. Ourensán afincando en Barcelona dende rapaz, fillo de emigrantes, pegado a súa familia e as súas raíces, Ourense está moi presente na vida dun home que ten no seu currículum premios nacionais e internacionais e proxectos que xustifican unha carreira, como documentar os traxes do Museo Balenciaga -un traballo recollido en ‘Mirar y pensar Balenciaga’-, ademais de participar en exposicións colectivas por todo o mundo -dende a historia da moda feita en Galicia a homenaxear ‘Last year at Marienbad’ de Alain Resnais- ou ser o comisario de mostras como “Genio y figura, la influencia de la cultura española en la moda”.

O Premio Ourensanía 2022, que a Deputación concede como recoñecemento honorífico a aqueles ourensáns ou persoas vinculadas á provincia de Ourense que teñen destacado nas súas facetas profesionais, sociais ou intelectuais, será entregado o 11 de novembro, día de San Martiño, no xa tradicional acto que se celebra no Teatro Principal de Ourense.

Premio Ourensanía de Honra de 2022 a Ildefonso “Alfonso” Graña

O xurado, que foi recibido en Oseira polo abade do mosteiro, Enrique Trigueros, e o alcalde de San Cristovo de Cea, José Luis Valladares, estivo composto, baixo a presidencia de Manuel Baltar, por Patricia Torres, Maribel Outeiriño, Miguel Anxo Fernández, Luis González Tosar e Eva Torres, actuando Aurelio Gómez Villar como secretario. Jesús de Juana, Manuel Guede e Juan Luis Saco non pudieron asistir por motivos persoais, delegando o seu voto no presidente.

Leer más:   Rosendo Fernández participa na inauguración da 51 edición da Festa do Peixe de Bande

Na mesma reunión desta mañá, o xurado acordou conceder o Premio Ourensanía de Honra de 2022 á Ildefonso Graña (1878-1934). Nado en Avión en 1878, Ildefonso “Alfonso” Graña é protagonista dunha das páxinas máis singulares da historia ourensá. Emigrado a América con 21 anos, en 1899, constrúe unha nova vida no Perú, instalándose en Iquitos despois de pasar antes por varias cidades brasileiras. Pero a crise económica derivada da caída do prezo do caucho, en 1920, acaba coa súa prosperidade e o leva a tomar a decisión de remontar o Amazonas e buscar fortuna na selva. A partir de aí comeza unha historia inesquecible, chea de peripecias, que acaban levando a Alfonso Graña a converterse no “apu de apus” -o xefe de xefes- dun territorio do Alto Marañón do Amazonas, habitado polos indios xíbaros das tribos aguaruna e huambisa. Moi respectado, manterá esta posición privilexiada ata a súa morte, en 1934. “Unha historia vital que nos recorda a capacidade de traballo e superación dos emigrantes ourensáns, un rasgo fundamental da nosa historia”, sinalou Manuel Baltar.

Este premio de honra concedido hoxe desenrolarase no ano 2023, a través de actos e actividades organizadas pola Deputación para lembrar e reivindicar a figura de Alfonso Graña.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorA Deputación avanza na colaboración cos concellos de Castrelo do Val e Ramirás
Artículo siguienteOurense se convierte una vez más, con el patrocinio de la Diputación, en protagonista de cine con el rodaje de la película “Nueva Tierra”
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.