Inicio Destacado O vicepresidente César Fernández participa na XXXI edición da Festa da...

O vicepresidente César Fernández participa na XXXI edición da Festa da Vendima de Leiro

Ourense, 28 de agosto de 2022.- O vicepresidente segundo da Deputación de Ourense e responsable dos asuntos de cooperación cos concellos do Ribeiro, César Fernández, participou nos actos programados este domingo con motivo da XXXI edición da Festa da Vendima, que se celebra esta fin de semana en Leiro.

As actividades incluíron a recepción dos acios a concurso e a súa posterior exposición, seguido do pregón na praza do Cruceiro a cargo do conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional y Universidades, Román Rodríguez, e a continuación o desfile de carrozas e charangas e a IV edición da Concentración de Coches Clásicos. Tralo xantar popular celebrouse o acto de entrega de premios aos gañadores dos concursos de Acios e Carrozas, continuando a xornada festiva con actividades infantís, o mercado artesanal, deportes e música.


- Te recomendamos -