Inicio Destacado A Deputación colaborará co músico ourensán Víctor Prieto no regreso, en 2023,...

A Deputación colaborará co músico ourensán Víctor Prieto no regreso, en 2023, das súas clases maxistrais internacionais de acordeón

Manuel Baltar, que recibiu esta mañá no Pazo Provincial ao acordeonista, afirmou que esta será “unha magnífica oportunidade para gozar de novo da capacidade creativa e musical dunha persoa que leva a ourensanía por todo o mundo”

A VIII International Jazz Acordion Master Classes and Modern Harmony “City of Ourense” reunirá o próximo verán no Centro Cultural Marcos Valcárcel a músicos chegados de diversas partes do mundo, que participarán en actividades formativas e un concerto final

Ourense, 30 de agosto de 2022.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu esta mañá ao músico internacional ourensán Víctor Prieto, que en 2023 recuperará, co patrocinio da institución provincial, a organización da International Jazz Acordion Master Classes  and Modern Harmony “City of Ourense”, unhas clases maxistrais de carácter internacional que cumprirán o próximo ano a súa oitava edición despois do parón da pandemia. “Esta cita será unha magnífica oportunidade para gozar de novo da capacidade creativa e musical dun virtuoso do acordeón”, afirmou Manuel Baltar, que comprometeu a colaboración da Deputación “como non podía ser doutro xeito, por se tratar dunha persoa que leva a ourensanía por todo o mundo”.

Leer más:   Manuel Baltar destaca en el Día Mundial del Turismo el "posicionamiento global" de Ourense: "Es la primera vez que estamos en el mapa de la OMT"

Víctor Prieto agradeceu o apoio e cooperación da Deputación e do presidente, Manuel Baltar, recalcando a “forte aposta do goberno provincial pola cultura”. O músico celebrou que, un ano máis, “Ourense converterase no epicentro mundial do jazz acordeón”.

A oitava edición da International Jazz Acordion Master Classes and Modern Harmony “City of Ourense” reunirá no verán do 2023, no Centro Cultural Marcos Valcárcel, a músicos chegados desde diversos puntos do mundo para participar nas actividades formativas organizadas polo acordeonista ourensán. As clases mesturarán teoría e práctica, con sesións conxuntas onde os participantes farán ás súas achegas musicais, rematando cun concerto final.

Víctor Prieto (Toén, 1975) é unha das figuras internacionais máis relevantes do mundo do jazz. Está considerado como un dos músicos máis innovadores neste estilo, destacando polo seu labor investigador á hora de compoñer e crear novos sons e técnicas de interpretación de música de acordeón. Asentado desde hai anos en Nova York, a súa traxectoria profesional fíxolle merecente de numerosos recoñecementos a nivel mundial, colaborando con grandes nomes do jazz e transmitindo o seu talento en prestixiosos centros musicais nos que exerceu como docente.

Leer más:   Encuentro de Manuel Baltar con el presidente de la Federación Española de Bancos de Alimentos

 


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO presidente da Deputación reúnese no Pazo Provincial coa alcaldesa de Gomesende
Artículo siguientePresentamos unha iniciativa para honrar o legado do alcalde de Ourense represaliado Manuel Suárez Castro
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.