Inicio Destacado O Irixo e San Amaro organizan a primeira edición do seu Festival...

O Irixo e San Amaro organizan a primeira edición do seu Festival Céltico, co apoio da Deputación

Manuel Baltar remarcou na presentación do festival, que se celebrará nos próximos dous fines de semana de setembro, o deseño dun evento “nacido dende a cooperación entre ambos concellos” e que “reivindica a nosa cultura e a nosa lingua”

O I Festival Céltico O Irixo – San Amaro acollerá concertos de referentes da música galega como Treixadura ou Milladoiro, “dentro dunha programación que mestura cultura, patrimonio e o uso da lingua galega”, segundo destacaron os alcaldes destes concellos, Manuel Cerdeira e Fernando Redondo

Ourense, 31 de agosto de 2022.- Os concellos de O Irixo e San Amaro organizan nos dous próximos fines de semana de setembro, co apoio da Deputación, a primeira edición do seu Festival Céltico, que contará cos concertos de referentes da música galega como Treixadura ou Milladoiro. “Unha iniciativa froito da cooperación entre ambos municipios”, sinalou esta mañá o presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, na presentación do evento na sala de prensa do Pazo Provincial, na que estivo acompañado polos alcaldes de O Irixo, Manuel Cerdeira, e de San Amaro, Fernando Redondo.

Leer más:   A Deputación colabora coa Convivencia Interuniversitaria e Profesional da Educación Social na Serra do Xurés

Manuel Baltar destacou na súa intervención a celebración dun “evento cultural e musical que vai máis alá, reivindicando as nosas raíces comúns cun proxecto que xunta o mellor que pode ter un pobo, a defensa da nosa cultura e a defensa da nosa lingua e a nosa música”.

O presidente da Deputación amosouse convencido de que esta iniciativa “consolidarase no tempo, froito tamén do que representan os dous territorios que se xunguen para este proxecto, e apoiados no excelente traballo destes dous alcaldes”, que a continuación remarcaron a importancia dun festival concibido como dinamizador e potenciador do rural, cunha programación que “mestura cultura, patrimonio e tamén o uso da lingua galega”.

O alcalde de San Amaro agradeceu “o apoio da Deputación e do seu presidente, Manuel Baltar” para un festival co que “poñemos en valor o máis atractivo que ten un pobo: a súa cultura e as súas raíces”. Fernando Redondo lembrou que o “maior atractivo turístico de San Amaro é o castro de San Cibrán de Las, o de maior superficie escavada na provincia de Ourense. Este ano cúmprense 100 anos das primeiras escavacións, e con este festival queremos poñer en valor o patrimonio arqueolóxico de ambos concellos”.

Leer más:   O vicepresidente da Deputación participa nunha reunión de transparencia da FEMP

Pola súa banda, Manuel Cedeira destacou que “o que se demostra coa organización deste festival é que se queremos chegar lonxe no camiño, as administracións públicas temos que ir da man, coa colaboración neste caso entre os concellos do Irixo e San Amaro e o apoio de Manuel Baltar, ao que agradezo a súa estupenda disposición”.

Programación do Festival Céltico O Irixo – San Amaro

A primeira edición do Festival Céltico O Irixo – San Amaro arranca este fin de semana en San Amaro. O venres 2, Leirabuxo actuarán no Campo da Feira (22,00 horas); o sábado 3, Treixadura estarán no Castro de San Cibrán de Las (22,00 horas); e o domingo 4, Uxía Lambona e a banda molona actuarán no Campo da Festa de Cruceiro (19,00 horas).

Leer más:   A deputada Luz Doporto participa na XXIII edición da Festa dos Callos Limiaos

O seguinte fin de semana, o festival trasladarase ao Irixo. O venres 9, Leirabuxo ofrecerá un concerto no parque do río (22,00 horas), espazo que ao día seguinte acollerá á Milladoiro (22,00 horas). Como peche do Festival Céltico, Uxía Lambona e a Banda Molona estarán no parque do río (19,00 horas).

 

 

 


- Te recomendamos -
Artículo anteriorManuel Baltar define a Manuel Outumuro, Premio Ourensanía 2022, “como un referente pola súa traxectoria profesional e polo compromiso coas súas raíces”
Artículo siguienteAplaudimos a «aposta histórica» de Sánchez co ferrocarril de Ourense grazas á implantación de máis Avant e á gratuidade de toda a Media Distancia
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.