Inicio Destacado Recepción no Pazo Provincial ao C.D. Burela de fútbol sala feminino, que...

Recepción no Pazo Provincial ao C.D. Burela de fútbol sala feminino, que esta fin de semana compite en Cartelle no II Torneo Internacional Ourensanía

Ourense, 2 de setembro de 2022.- O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, recibiu esta mañá no Pazo Provincial ás xogadoras e corpo técnico do C.D. Burela de fútbol sala feminino, que esta fin de semana -3 e 4 de setembro- participa no II Torneo Internacional Ourensanía-Concello de Cartelle, que se disputa no pavillón de deportes Piño Vilachá de Outomuro e no que tamén compiten os equipos Cidade das Burgas, MSC Torreblanca de Melilla e o campión italiano Cittá di Falconara.

No salón de plenos, Rosendo Fernández explicou “a firme aposta que está a desenvolver a Deputación de Ourense polo deporte de alto nivel”, poñendo como exemplo o apoio a esta competición. A capitana, Patricia González “Peque” agradeceu a invitación a coñecer a institución provincial, afirmando que esperan obter un bo resultado “nun lugar talismán para nós como é Ourense”.

Leer más:   Un contacontos achega a ciberseguridade aos nenos, nunha actividade enmarcada na Mobile Week Ourense

- Te recomendamos -
Artículo anteriorHorarios provisionais piscinas
Artículo siguienteLogramos o apoio unánime do pleno para dedicarlle unha rúa de Ourense ao alcalde represaliado, Manuel Suárez Castro
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.