Inicio Destacado Rosendo Fernández asiste á Festa do Porco ó Espeto

Rosendo Fernández asiste á Festa do Porco ó Espeto

Ourense, 3 de setembro de 2022.- O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, asistiu hoxe en A Merca á XI edición da Festa do Porco ó Espeto, unha celebración que conta co apoio da Deputación. Fernández recorda a importancia dunha festa que exalta un produto gastronómico de primeira calidade á vez que se recorda á tradicional figura dos marrelleiros -tratantes de porcino-. 

 

Rosendo Fernández puxo en contexto unha festa que vai máis aló da gastronomía, “pois ten as súas orixes no século XVII, en torno ao ano 1620, coa figura dos marrelleiros ou tratantes de porcino”. Unha importante actividade que daría lugar á celebración, os días 26 de cada mes, a unha feira de gando “mesmo nomeada polo Padre Feijóo e considerada no seu momento como a máis importante desde Ponferrada ata Portugal”. Ademais, sinalou, nesta tradición tamén conta a semana festiva que se comezou a celebrar a finais da década dos 70 do pasado século e que incluía un apartado cultural coa homenaxe a artistas e escritores.

 

 

 


- Te recomendamos -