Inicio Destacado Luz Casal recibe o premio Celanova, Casa dos Poeta”, pola traxectoria exemplar...

Luz Casal recibe o premio Celanova, Casa dos Poeta”, pola traxectoria exemplar dunha “auténtica referente”

O deputado Pablo Pérez participou esta mañá en Celanova na homenaxe á artista galega

Ourense, 4 de setembro de 2022.- Luz Casal recibiu esta mañá en Celanova o premio Celanova, Casa dos Poetas, como recoñecemento a “catro décadas de traxectoria profesional que constrúen a unha icona da música, da igualdade, da vida, da ética e de Galicia”, sinalou o deputado Pablo Pérez nun acto no que tamén interviron o alcalde de Celanova, Antonio Puga; o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; e o xornalista Xaime Noguerol.

Na súa intervención no acto de entrega da XXXVIII edición do premio Celanova, Casa dos Poetas, organizado pola Fundación Curros Enríquez, Pablo Pérez resaltou o percorrido profesional de Luz Casal antes de sinalar que, máis aló disto, a artista, “unha galega universal”, é unha “absoluta referencia pola súa profundidade vital e o seu compromiso coas súas raíces, con fitos como a organización do Festival da Luz”.

Leer más:   A Deputación colaborará na mellora de comunicacións e espazos de lecer en Piñor

O acto, que foi conducido por José María Paz Gago, comezou cunha ofrenda floral diante do monumento de Celso Emilio Ferreiro e contou coa intervención musical do grupo de gaitas de Celanova e Deja Blues.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorCésar Fernández participa na entrega de premios da XXIV Concentración de Escolas de Vela e da Copa Deputación de clase optimist
Artículo siguienteOs socialistas de Leiro critican as mentiras, manipulacións e a nefasta xestión do PP na loita contra o arsénico na auga
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.