Inicio Destacado A xunta local do PP de Ourense comeza o novo curso político

A xunta local do PP de Ourense comeza o novo curso político

• Manuel Cabezas sinala que o partido está “perfectamente preparado para afrontar uns meses claves para o futuro de Ourense” e valora a importancia de contar con “este sobresaínte equipo de persoas disposto a acometer a segunda gran transformación da nosa cidade”

• O presidente local e candidato ás eleccións municipais de 2023 pon o foco no traballo que realizará o PP de Ourense nas próximas semanas e amósase contundente coa consecución dos obxectivos marcados: “Conseguiremos a maioría absoluta para volver a ter o Ourense que Ourense merece”

5, setembro, 2022.

Manuel Cabezas presidiu esta tarde a reunión da xunta local do Partido Popular de Ourense. Este encontro de traballo, celebrado no Hotel Barceló, supón o arranque do curso político para os novos órganos de dirección do partido na cidade, elixidos no congreso do pasado mes de xullo. 

Leer más:   Manuel Baltar: “Os orzamentos xerais de 2023 son electoralistas, discriminatorios, outra oportunidade perdida para Ourense e defraudan aos ourensáns”
  
  
  

“O PP de Ourense está perfectamente preparado para afrontar un curso político que será clave para o futuro desta cidade”, resalta Manuel Cabezas, que valora a importancia de contar con “este sobresaínte equipo de persoas disposto a acometer a segunda gran transformación da nosa cidade, a través dun proxecto tan ilusionante como dinámico e aberto a toda a cidadanía”. 

Na reunión presidida por Manuel Cabezas estiveron presentes o secretario xeral do PP de Ourense, Jorge Pumar; o vicesecretario, Francisco Javier Rodríguez-Novoa; xunto aos secretarios executivos, presidentes de distrito, coordinadores de área e vogais. 

“Estamos no bo camiño”, sinalou Manuel Cabezas sobre a nova etapa aberta polo partido na cidade antes de situar o foco no traballo que realizarán nas próximos semanas: “Estamos escoitando á cidade, porque contamos con todos os cidadáns para deseñar o Ourense do futuro, que construiremos a través da política útil, moderada e sensata, na que non hai espazo para os insultos nin os comportamentos tóxicos”. 

Leer más:   Montse Lama incorpórase ao PP de Ourense: "Non é momento para experimentos. Este é o partido que mellor representa aos veciños da nosa provincia"

O presidente local do PP e candidato ás eleccións municipais de 2023 amósase contundente coa consecución dos obxectivos marcados: “Entre todos construiremos unha proposta recoñecible e transformadora, coa que conseguiremos a maioría absoluta o 28 de maio e iniciaremos ese gran cambio na xestión municipal que permitirá volver a ter o Ourense que Ourense merece”.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorPablo Pérez supervisa a creación e humanización dun aparcadoiro en Parada de Sil, dentro do Plan Hurbe
Artículo siguienteGrazas ás achegas socialistas, Ourense é unha das únicas cidades de España onde as mascotas poden viaxar no bus urbano
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.