Inicio Destacado Un contacontos achega a ciberseguridade aos nenos, nunha actividade enmarcada na Mobile...

Un contacontos achega a ciberseguridade aos nenos, nunha actividade enmarcada na Mobile Week Ourense

A iniciativa chegou esta mañá ao colexio Virxe da Pena da Sela, no Irixo

Ourense, 9 de setembro de 2022.- O colexio de Educación Infantil e Primaria Virxe da Pena da Sela, no Irixo, acolleu esta mañá unha actividade enmarcada na segunda edición da Mobile Week Ourense arredor da ciberseguridade infantil. Un contacontos e un ilustrador narraron aos nenos o conto “Ciberseguridade con Sofía”, un conto que achega aos máis pequenos o uso seguro de internet.

Con este conto ilustrado, os nenos acompañan a Sofía na resolución das súas inquietudes para gozar da informática e da rede dunha maneira segura e identificar os perigos e riscos que poden darse nesta contorna dixital. A través desta historia, compártense cos máis pequenos e pequenas consellos e recomendacións básicas para un uso responsable da identidade na internet, a publicación de imaxes en redes sociais, a xestión de contrasinais ou a identificación de noticias falsas; á vez que se difunden valores esenciais de comportamento no ciberespazo: sentido común, respecto e empatía.

Leer más:   Sete mil escolares ourensáns participan na Semana Escolar da Árbore e da Auga organizada pola Deputación

Esta actividade organizada dentro da programación paralela da Mobile Week Ourense 2022 está enmarcada no convenio de colaboración entre o Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia (CPEIG) e a Amtega. Os centros educativos interesados en acoller esta actividade poden solicitalo no enderezo electrónico mobileweekourense@depourense.es

Unha ampla programación do 15 ao 18 de setembro

A segunda edición da Mobile Week Ourense celebrarase entre o 15 e 18 de setembro cunha ampla programación, que inclúe talleres, charlas, conferencias, demostracións ou formación dixital para todos os públicos. A iniciativa, que nace baixo a alianza da Deputación de Ourense e Mobile World Capital Barcelona, está deslocalizada pola provincia e perfilada baixo a necesidade da loita contra o despoboamento rural a través da dixitalización, o achegamento da administración ao cidadán e avanzar na adaptación da poboación á nova realidade tecnolóxica.

Leer más:   A Deputación asumirá os custos da expedición humanitaria do alcalde de Maceda

 


- Te recomendamos -
Artículo anteriorOs e as socialistas de Pereiro instan á adhesión do Concello á Axenda 2030
Artículo siguienteA Deputación súmase á “festa do ciclismo” co patrocinio do XXXVI Día da Bici, que reunirá nas rúas de Ourense a milleiros de ciclistas
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.