Inicio Destacado A Deputación colabora coa celebración da décima edición do Rallye Ourense –...

A Deputación colabora coa celebración da décima edición do Rallye Ourense – Ribeira Sacra

A proba disputase este fin de semana cun percorrido polos concellos de Ourense, Pereiro de Aguiar, Maceda e Nogueira de Ramuín

Ourense, 15 de setembro de 2022.- A Deputación colabora coa celebración este fin de semana da décima edición do Rallye Ourense – Ribeira Sacra – II Memorial Roberto Soto, “unha proba completamente consolidada no calendario deportivo e que afonda nos especiais vencellos existentes entre Ourense e o deporte do motor”, segundo resaltou esta mañá en Ourense na presentación do rally o vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández.

Rosendo Fernández estivo acompañado, entre outros, polo delegado da Xunta, Gabriel Alén; o alcalde de Pereiro de Aguiar, Luis Menor; o concelleiro de Participación Cidadá do Concello de Ourense, Antonio Pérez; o xefe do servizo provincial de Deportes da Xunta en Ourense, Manuel Pérez; e o equipo organizador da proba, a Escudería Luíntra.

Leer más:   ÚLTIMA HORA | Una mujer de 41 años también ha fallecido en el trágico accidente de la N-120

A décima edición do Rallye Ourense – Ribeira Sacra – II Memorial Roberto Soto, puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Rallies 2022, percorrerá os concellos de Ourense, Pereiro de Aguiar, Maceda e Nogueira de Ramuín. Mañá, venres 16 de setembro, celebrarase o tramo de Castro de Beiro e o sábado, os tramos Maceda – Baldrei, A Tapada – Luíntra, Castro – Lobaces, e Melias – Luíntra.

En total serán nove treitos cronometrados por estradas asfaltadas e pechadas ao tráfico. Entre as dúas etapas e cinco seccións suman un total de 316,70 quilómetros, dos que 89,80 quilómetros son cronometrados. O parque pechado e o parque de traballo estarán situados en Luíntra, así como a dirección de carreira, instalada no edificio multiusos. A organización da proba agarda unha participación máxima de 160 equipos.

Leer más:   Rosendo Fernández asiste ao ingreso do arqueólogo José María Eguileta como académico de número na Real Academia Galega de Belas Artes

- Te recomendamos -
Artículo anteriorEl tiempo para hoy en Ourense, 15 de septiembre de 2022
Artículo siguienteAguirre muestra su apoyo a Feijóo, pero lamenta que el PP de Rajoy no llevase a cabo las medidas del programa electoral
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.