Inicio Destacado O Obradoiro de Instrumentos da Deputación abre este luns o prazo de...

O Obradoiro de Instrumentos da Deputación abre este luns o prazo de matrícula para o curso 2022-2023

Ourense, 16 de setembro de 2022.- O Obradoiro de Instrumentos da Deputación abrirá este luns, 19 de setembro, o prazo de matrícula para o curso 2022-2023. Os interesados poderán inscribirse no Centro Cultural Marcos Valcárcel ata o 8 de outubro, escollendo entre as especialidades de gaita, requinta, pito pastoril ou instrumento de percusión.

As clases comezarán o 17 de outubro e rematarán a finais do maio de 2022, e desenvolveranse en horario de tarde de luns a xoves, desde as 17.00 ás 20.00 horas.


- Te recomendamos -