Inicio Destacado Manuel Baltar recibe a unha nova promoción de alumnado do instituto arxentino-galego...

Manuel Baltar recibe a unha nova promoción de alumnado do instituto arxentino-galego Santiago Apóstol de Bos Aires

Ourense, 22 de setembro de 2022.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu esta mañá no salón de plenos do Pazo Provincial a 25 alumnos e 3 profesores do instituto arxentino-galego Santiago Apóstol de Bos Aires, un centro que cada ano prepara para cada promoción unha viaxe de fin de curso a Galicia.

Precisamente, Manuel Baltar deu a benvida á provincia a esta nova promoción lembrando os vencellos existentes entre Ourense e Arxentina. Unha “relación viva e frutífera”, reivindicada polo goberno provincial a través de fitos coma a entrega do Premio Ourensanía 2018 en Bos Aires, unha viaxe na que inaugurouse a aula “Eduardo Blanco Amor” no instituto Santiago Apóstol, centro que ten recibido apoio da Deputación para a mellora de infraestruturas ou a creación dunha biblioteca galega.

Leer más:   A Deputación reforza o seu compromiso coas protectoras de animais integradas no convenio marco de colaboración

Manuel Baltar enmarcou esta colaboración dentro da “poderosa vinculación” entre Ourense e a emigración. Unhas palabras ás que se sumou o presidente do PEN Galicia e a Fundación Insua dos Poetas, Luis González Tosar: “Galicia está onde están os galegos e Ourense está onde están os ourensáns”, sinalou o poeta nunha recepción na que tamén estivo presente o vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández.

 

 


- Te recomendamos -
Artículo anteriorLogramos que Jácome rectifique e rebaixe o prezo do transporte público
Artículo siguienteA Deputación contribúe a redescubrir a figura e a obra do escultor Arturo Baltar coa edición dun libro do escritor e xornalista Antón Lopo
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.