Inicio Destacado A Deputación concede 175.000 euros en axudas para financiar trece iniciativas presentadas...

A Deputación concede 175.000 euros en axudas para financiar trece iniciativas presentadas por entidades locais, empresariais, sociais e culturais

Ourense, 26 de setembro de 2022.- A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, reunida esta mañá por vía telemática baixo a presidencia de Manuel Baltar, aprobou a concesión de 175.000 euros en subvencións para financiar trece iniciativas presentadas por concellos e entidades empresariais, sociais e culturais.

No ámbito da cooperación con concellos aprobouse unha achega de 10.000 euros para Carballeda de Valdeorras con destino ao campamento de verán e outras actividades correspondentes ao presente ano; tamén Cenlle recibirá 10.000 euros para os gastos de bombeo en alta de Razamonde; e Cortegada contará con 18.000 euros para a redacción de proxectos Next Generation-Crecente. O Concello do Irixo vai dispoñer dunha axuda de 12.000 para o proxecto “Marca Irixo”; Nogueira de Ramuín poderá acometer traballos medioambientais cunha subvención de 24.000 euros; e San Cristovo de Cea destinará 25.000 euros ao museo etnográfico Olimpio Liste.

Leer más:   A Deputación apoia a XII Copa Galicia de Ximnasia en Trampolín, que se celebra este fin de semana no Paco Paz

O capítulo de colaboración con entidades inclúe a aprobación dunha subvención de 15.000 euros para gastos de funcionamento da asociación Escola Rural de Saúde da Limia; 12.000 para cooperar co Colexio de Economistas de Ourense; 3.000 para a edición de libro de fotopoemas e a celebración dos premios que concede a asociación cultural e deportiva Basket x Libros; 14.000 euros a favor do Consello Regulador de Denominación de Orixe Ribeiro para un servidor de “hardware” de datos; 15.000 euros para Cruz Vermella con destino á adquisición dun vehículo de reforzo; 9.000 euros para a Agrupación Musical da Limia con motivo do campionato mundial de bandas de música; e 8.000 para actividades da sociedade Amigos Banda de Música de Celanova.

Leer más:   Rosendo Fernández asistiu á final da Copa da Raíña de fútbol sala, disputada no Paco Paz

- Te recomendamos -
Artículo anteriorEl tiempo en los próximos días en Ourense
Artículo siguienteRosendo Fernández referenda na presentación de Termatalia o compromiso da Deputación con Ourense “como destino termal sostible”
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.