Inicio Destacado Rosendo Fernández referenda na presentación de Termatalia o compromiso da Deputación con...

Rosendo Fernández referenda na presentación de Termatalia o compromiso da Deputación con Ourense “como destino termal sostible”

O vicepresidente primeiro celebrou o regreso “dunha feira completa, nunha edición de especial relevancia pois de xeito previo sumamos a esta cita o Congreso Internacional de Turismo Termal”

Destacou a posta en marcha da campaña “1.000 sesións balnearias a 1 euro”. No stand da Deputación poderanse adquirir os primeiros 250 códigos de desconto para gozar de tratamentos entre os meses de outubro e novembro, de luns a domingo

En Termatalia tamén se promocionará “o exitoso programa de termalismo social, que segue a obter a positiva resposta de usuarios chegados desde os máis diversos puntos de España tras dez anos de convocatorias”, apuntou Fernández

Ourense, 26 de setembro de 2022.- O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, participou está mañá na presentación da 20ª Feira Internacional de Turismo Termal, Saúde e Benestar, Termatalia, que se celebrará no recinto feiral ourensán os próximos días 29 e 30 de setembro, acto no que estivo acompañado polo delegado territorial da Xunta de Galicia, Gabriel Alén, e o director xerente de Expourense, Rogelio Martínez.

Leer más:   Cargos municipais de México, Colombia e Paraguay visitan a Deputación como exemplo de boas prácticas en transparencia e goberno aberto

Desde a súa primeira edición en 1999, “Termatalia situou á nosa provincia como referente internacional no ámbito termal”, dixo Rosendo Fernández, que celebrou o regreso “dunha feira completa” logo dos cambios provocados pola pandemia. Unha volta que se produce “nunha edición de especial relevancia, pois de xeito previo sumamos a esta cita o Congreso Internacional de Turismo Termal”, organizado pola Asociación Europea de Cidades Históricas Termais (EHTTA) e a Deputación de Ourense, co aval da Organización Mundial do Turismo (OMT) e o apoio da Xunta de Galicia.

O vicepresidente primeiro quixo destacar que, ademais deste importante encontro, “tanto para a Deputación como para o Inorde é un orgullo participar na 20ª edición de Termatalia”, onde se habilitará un stand para difundir o potente sector termal da provincia, así como as accións que neste ámbito desenvolve o goberno provincial. Neste sentido apuntou a promoción “do exitoso programa de termalismo social, que segue a obter a positiva resposta de usuarios chegados desde os máis diversos puntos de España tras dez anos de convocatorias”.

Leer más:   A Deputación creará unha oficina para apoiar aos concellos na implantación dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e a Axenda 2030

Rosendo Fernández tamén destacou a presentación en Termatalia da campaña “1.000 sesións balnearias a 1 euro”, deseñada pola Deputación en colaboración con cinco balnearios da provincia (Laias, Cortegada, Lobios, Partovia e Arnoia). Desde o día 29 e no expositor da Deputación o público poderá adquirir os primeiros 250 códigos de desconto para participar neste programa. Trátase, explicou, da reserva de sesións balnearias a un prezo especial e único de 15 euros, importe sobre o que se realizará un desconto de 14 euros, polo que o custo final será de 1 euro. As sesións distribuiranse entre outubro e novembro, de luns a domingo, en diferentes horarios e cunha duración de entre 1,5 e 2 horas.

Epicentro internacional do termalismo

Leer más:   Este es el día del encendido de las luces de Navidad en Ourense

Nesta semana, Ourense converterase no epicentro internacional do termalismo pois xunto con Termatalia e o Congreso Internacional de Turismo Termal tamén se celebrará, o día 30 no balneario de Laias, o XXI Congreso Nacional da Sociedade Española de Hidroloxía Médica.

Termatalia reunirá a 140 expositores de Europa e América fundamentalmente. Unha representación de 55 países, tendo en conta ademais os profesionais que participarán nas accións de negocio, así como a presenza de 70 relatores internacionais que situarán a Ourense e Galicia como centro de formación profesional en materia de termalismo.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorA Deputación concede 175.000 euros en axudas para financiar trece iniciativas presentadas por entidades locais, empresariais, sociais e culturais
Artículo siguienteManuel Baltar celebra presentar a Ourense Film Commission cos “deberes ben feitos”: “A nosa aposta polo audiovisual é completa”
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.