Inicio Destacado Manuel Baltar define a “rendición de contas diaria ante os veciños” coma...

Manuel Baltar define a “rendición de contas diaria ante os veciños” coma a “gran evolución política dos últimos tempos”

O presidente da Deputación ofreceu esta mañá en Braga unha conferencia no Opengov Leadership 2022, un encontro enfocado no goberno aberto e a transparencia

Manuel Baltar remarcou o traballo realizado na Deputación de Ourense neste eido -“o noso liderado non é unha casualidade”- e o enmarcou no necesario compromiso coa cidadanía: “Un goberno ten que ser transparente, se non non é un goberno. E creo que estamos acertando co camiño marcado”

Ourense, 27 de setembro de 2022.- O presidente da Deputación, Manuel Baltar, participou esta mañá no Opengov Leadership 2022, un encontro celebrado en Braga enfocado no goberno aberto e a transparencia.

No evento, celebrado no Altice Forum de Braga, Manuel Baltar sinalou que a aposta pola transparencia da Deputación de Ourense “non é so unha obriga legal, se non unha actitude”, reivindicando o compromiso e todo traballo realizado neste eido durante os dez anos cumpridos como presidente do goberno provincial ourensá.

Leer más:   César Fernández participa na entrega dos premios de investigación do Campus da Auga

O presidente da Deputación enmarcou a aposta pola transparencia en fitos como o plan de mandato, a carta de servizos ou a aprobación dos orzamentos anuais “antes que ningunha outra administración pública española”: “Somos autoesixentes e xogamos coas cartas cara arriba”. Tamén destacou a importancia do traballo en rede, fabricando sinerxías a través de entidades como Partenalia, a Asociación Europea de Cidades Históricas Termais ou a Cepli: “Hoxe en día, ou traballas en rede ou non traballas. Hoxe en día, ou estás suxeito á visión da cidadanía ou estás fóra. A rendición de contas diaria ante os veciños é a gran evolución da política nos últimos tempos”.

A Deputación de Ourense é dende 2017 o goberno provincial máis transparente de España segundo un estudo de 189 indicadores que se vai actualizando. Un recoñecemento ao que en febreiro deste ano sumouse a designación de Manuel Baltar como o líder provincial máis transparente de España. “Este liderado en transparencia non é casualidade. Contamos cunha unidade de Transparencia dentro da administración que se ocupa de xeito diario do seguimento destas tarefas, propoñendo incluso novos indicadores”, sinalou Manuel Baltar, que destaca o compromiso implementado polo seu equipo de goberno nestes dez anos como algo ineludible: “Un goberno ten que ser transparente, se non non é un goberno. E creo que estamos acertando co camiño marcado pola Deputación de Ourense”.

Leer más:   Remata a Coupe de la Jeunesse, “a primeira competición internacional de remo das moitas que acollerá Ourense”

Transparencia no ámbito internacional

Despois da conferencia de Manuel Baltar, o Opengov Leadership 2022 -organizado pola Cámara Municipal de Braga, oGov System e Dyntra- programou esta mañá a mesa “Transparência na lusofonia e outras experiências internacionais”, pechando o encontro o parlamentario europeo Pedro Cegonho. Onte, na xornada anterior, despois da apertura do alcalde da Câmara Municipal de Braga, Ricardo Rio, celebráronse as mesas redondas “Sociedade civil, cidadâos e governo aberto”, “O mundo empresarial e a transparência”, “Transparência na administraçao pública” e “Transparência municipal: casos de êxito”.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorImpulsamos unha moción para que se lle conceda a Medalla de Ouro da provincia ao escultor ourensán Xosé Cid
Artículo siguienteEl alcalde de Ourense prevé repartir cien euros por vecino en época navideña para consumir en comercio local
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.