Inicio Destacado Impulsamos a adopción de medidas contra a seca na provincia

Impulsamos a adopción de medidas contra a seca na provincia

O PSDEG-PSOE LOGRA O APOIO UNÁNIME DO PLENO PROVINCIAL PARA QUE XUNTA E DEPUTACIÓN EMPRENDAN MEDIDAS URXENTES CONTRA A ALARMANTE SITUACIÓN DE SECA QUE PADECE OURENSE

O deputado Gómez denunciou a deslealdade institucional da Xunta por negarse a axudar ao Concello de Ribadavia durante a gran seca que padeceu no verán: “se ardese a vila tampouco nos auxiliarían?”

O grupo socialista tamén conseguiu a aprobación por unanimidade dunha iniciativa para outorgarlle ao escultor Xosé Cid a Medalla de Ouro da provincia, en recoñecemento pola súa traxectoria artística

Ourense, 30 de setembro de 2022. O PSdeG-PSOE vén de lograr o apoio unánime do pleno provincial para sacar adiante unha moción na que o grupo socialista reclamaba que a Xunta de Galicia, a Deputación e as entidades locais emprendesen medidas de carácter urxente e excepcional contra a alarmante e inédita situación de seca que padece Ourense.

Leer más:   Denunciamos as mentiras de Jácome sobre o arranxo da locomotora da Ponte e reclamamos a súa posta en valor inmediata

Durante a defensa da moción, o deputado Nacho Gómez aproveitou para denunciar a deslealdade institucional amosada pola Xunta de Galicia e Augas de Galicia ao negárense a axudar ao concello de Ribadavia durante a gran seca que padeceu este verán, fronte á actuación e implicación do Concello para combater unha seca “sen precedentes históricos”.

“Augas de Galicia negounos a axuda, alegando a inexistencia dun plan contra a seca, algo que se quitaron da manga hai uns meses. Se ardese a vila por todas as esquinas tampouco nos virían auxiliar?” preguntouse o deputado.

A través desta moción, que foi aprobada coa incorporación dunha emenda do BNG, as e os socialistas instan á Xunta de Galicia a crear un fondo destinado a axudar aos pequenos concellos para facer fronte a situacións de emerxencia pola seca e outras adversidades climáticas, ao tempo que esixen que se poñan en marcha liñas de axudas dende o organismo provincial para axudar a desenvolver proxectos de obras de abastecemento de auga que os pequenos concellos non poden afrontar por falta de recursos.

Leer más:   Denunciamos o malgasto de miles de euros da Deputación en toallas co logo da ourensanía

Medalla a Xosé Cid

Por outra banda, o grupo socialista conseguiu a aprobación por unanimidade dunha iniciativa para outorgarlle ao escultor Xosé Cid (Santa Cruz da Rabeda, 4 de agosto de 1946) a Medalla de Ouro da provincia, en recoñecemento pola súa extensa e extraordinaria traxectoria e legado artístico.

Autor de obras tan senlleiras coma a Castiñeira e o monumento a Eduardo Blanco Amor de Ourense, o monumento a Breogán da Coruña, o Afiador en Santiago de Compostela ou os moitos San Rosendos repartidos pola provincia de Ourense, dende o grupo socialista salientaron a contribución de Cid á potenciación e dinamización da arte galega en xeral, e á produción escultórica ourensá en particular, ao tempo que defenderon que se lle outorgue ao coñecido como “artistiña da Rabeda” unha medalla “máis que merecida”.

Leer más:   Accidente de tráfico en la A-52: varias personas han resultado heridas tras dar varias vueltas de camapana

O deputado por Taboadela Álvaro Vila destacou, aproveitou a defensa da moción para destacar a personalidade amable e hospitalaria de Xosé Cid, a quen cualificou de ser un “veciño discreto”, que continúa a residir nunha aldea de Taboadela con tan só dous habitantes.

“A súa escola-taller, na aldea da Pousa, está aberta a todo o mundo que queira achegarse, onde Cid os recibe e convida a explorar o seu mundo de beleza e silencio”, concluíu Vila.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorRexeitamos os orzamentos da Deputación por caciquís e clientelares
Artículo siguienteA Deputación aproba tres plans económicos para cooperar cos concellos na creación de comunidades enerxéticas locais, iniciativas de medio rural e infraestruturas deportivas
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.