Inicio Destacado A Convivencia Interuniversitaria e Profesional da Educación Social reúne a máis de...

A Convivencia Interuniversitaria e Profesional da Educación Social reúne a máis de 300 inscritos no Xurés

Ourense, 1 de outubro de 2022.- A deputada Luz Doporto asistiu esta mañá á primeira xornada da Convivencia Interuniversitaria e Profesional da Educación Social na Serra do Xurés, que reúne este fin de semana a máis de 300 participantes, ademáis de outros 200 inscritos nas diferentes actividades deseñadas neste encontro, que conta coa colaboración da Deputación de Ourense. 

Luz Doporto estivo acompañada, entre outros, pola alcaldesa de Lobios, María del Carmen Yáñez; o decano da Facultade de Traballo e Educación Social da Uvigo, Xosé Manuel Cid; o director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado; a presidenta do Colexio de Educación Social de Galicia, Sonia González; e a vicepresidenta da Associação dos Profissionais Técnicos Superiores de Educação Social, Fátima Correia. 

Leer más:   A Deputación colabora coa organización do IV Car Outlet, que se celebrará este fin de semana en Expourense

Na súa intervención, a deputada resaltou a importancia de descentralizar este tipo de actividades, reivindicando a “importancia de acoller este evento na provincia de Ourense” como un axente dinamizador do rural, “un rural que da oportunidades e que ofrece un amplo abano de posibilidades”. Luz Doporto valorou as repercusións socioeconómicas para o territorio e, ademais, como un xeito de “crear lazos e dinámicas entre profesionais, estudantes e os veciños”.

Esta convivencia está deseñadas co obxectivo de crear lazos e dinámicas de relación entre profesionais e estudantes de Galicia, Asturias e o norte de Portugal e achegarlles os valores sociais, etnográficos, naturais e culturais do rural raiano do sur de Ourense.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO vicepresidente Rosendo Fernández participa na inauguración do Congreso de la Sociedad Española de Hidrología Médica
Artículo siguienteA deputada Patricia Torres participou na cerimonia de entrega dos premios de Curtas e Fas Muvis
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.