Inicio Destacado O vicepresidente César Fernández participou na andaina cultural “Camiño de Nós”

O vicepresidente César Fernández participou na andaina cultural “Camiño de Nós”

Ourense, 1 de outubro de 2022.- O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, participou esta mañá dunha nova edición da andaina cultural “Camiño Nós”, un roteiro organizado pola Fundación Insua dos Poetas e patrocinado pola Deputación de Ourense, cuxo fin é poñer en valor a cultura tradicional dos camiños. Na andaina participaron, entre outros, o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, o delegado da Xunta, Gabriel Alén, e o presidente da Fundación Insua dos Poetas, Luis González Tosar.

O punto de partida escollido para este ano situouse no Carballiño, no inmoble da rúa Tomás María Mosquera que acolleu o xa desaparecido Hotel Carlos, onde o 8 de xullo de 1926 pernoitaron os cinco persoeiros da Xeración Nós: Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Lois Feixoo, Antón Sánchez e Xavier Pardo. Ás 11.00 horas, minutos antes do inicio da ruta, descubriuse neste punto unha placa conmemorativa sobre o “Camiño de Nós”.

Leer más:   A Deputación concede 628.000 euros en axudas a 15 concellos e asociacións para infraestruturas, iniciativas sociais, deporte e cultura

Os participantes na andaina fixeron un percorrido por Ponte Veiga, A Costiña, Barro, o pazo e maila igrexa de Madarnás, A Esgueva e ponte do Eixán, para rematar na Insua dos Poetas.

 


- Te recomendamos -
Artículo anteriorEl presidente de la Diputación mantuvo reuniones con tres delegaciones sudamericanas para “avanzar en el impulso global al termalismo como eje de desarrollo”
Artículo siguienteO vicepresidente Rosendo Fernández participa na inauguración do Congreso de la Sociedad Española de Hidrología Médica
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.