Inicio Destacado A Deputación concede 397.000 euros en axudas para actividades de asociacións ...

A Deputación concede 397.000 euros en axudas para actividades de asociacións culturais, veciñais e deportivas

Ourense, 3 de outubro de 2022.- A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou hoxe a concesión de 397.000 euros en subvencións para o financiamento de actividades de asociacións culturais, veciñais e deportivas da provincia. Unha sesión que baixo a presidencia do vicepresidente primeiro, Rosendo Fernández, celebrouse esta mañá na sala de xuntas do Pazo Provincial recuperando así as convocatorias presenciais.

O maior paquete de axudas aprobadas hoxe corresponde á resolución do concurso de subvencións a entidades sen ánimo de lucro, para a organización de actividades culturais e recreativas correspondentes ao presente ano. En total concedéronse 100.000 euros en achegas para financiar 86 accións propostas por 62 asociacións e agrupacións, iniciativas relacionadas en liñas xerais coa recuperación da música e do patrimonio tradicional, danza, exposicións, obradoiros culturais e festas propias como o magosto ou o entroido.

Leer más:   O II Torneo Internacional Feminino Cidade de Ourense reúne co apoio da Deputación a destacadas tenistas da clasificación mundial

No apartado de cooperación cos concellos, a Xunta de Goberno concedeu 115.000 euros para a reforma do albergue de Celeiros en Chandrexa de Queixa; 48.000 euros a favor de Riós para a adecuación enerxética do centro de día; case 17.500 euros a Sandiás para iluminación na Corga e Ladeira; e 50.000 para o Concello de Verea con destino á mellora e acondicionamento dunha pista entre os núcleos de Balín e Fondo de Vila.

Polo que respecta a colaboración con entidades, a Fundación Carlos Velo disporá de 20.000 euros para gastos de funcionamento; a Asociación Deportiva Bosco recibirá 27.000 euros coa mesma finalidade; a Asociación Ourensana de Xadrez terá case 4.500 euros para as escolas deportivas 2022; e a delegación ourensá da Federación Galega de Baloncesto contará con 15.000 euros para a Copa Baloncesto.

Leer más:   Castrelo de Miño acolle do 1 ao 3 de setembro a XXIV Concentración de Escolas de Vela e a regata Copa Deputación da clase Optimist

- Te recomendamos -
Artículo anteriorEl tiempo en los próximos días en Ourense
Artículo siguienteLevaremos ao pleno municipal de Ourense unha moción contra a trata, a prostitución e a explotación sexual
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.