Inicio Destacado Elena Andrés, gañadora do XIX Premio Pura e Dora Vázquez de ilustración

Elena Andrés, gañadora do XIX Premio Pura e Dora Vázquez de ilustración

O xurado, reunido esta mañá no Pazo Provincial, sinala que as láminas “recollen moi ben o que relata o texto, incidindo na expresión dos sentimentos e das emocións”, ademais de destacar “a riqueza de detalles que configuran cada plano e a portada”

O traballo escollido polo xurado, reunido esta mañá na sala de xuntas do Pazo Provincial, ilustrará o libro Xoán, Xoana, do escritor Francisco Castro, gañador na modalidade de narración

O premio está organizado pola Deputación de Ourense e ten unha dotación de 1.500 euros

A ilustradora ourensá Elena Andrés é a gañadora do XIX Premio de Literatura Infantil e Xuvenil Pura e Dora Vázquez, na modalidade de ilustración, certame organizado anualmente pola Deputación de Ourense e dotado con 1.500 euros. O traballo escollido polo xurado, reunido esta mañá na sala de xuntas do Pazo Provincial, ilustrará o libro Xoán, Xoana, do escritor e editor Francisco Castro, gañador na modalidade de narración.

Leer más:   Manuel Baltar visita a rodaxe de "Honeymoon", a terceira produción audiovisual que grava simultaneamente estes días en Ourense co patrocinio da Deputación

No seu fallo, os membros do xurado destacan que as láminas “recollen moi ben o que relata o texto, incidindo na expresión dos sentimentos e das emocións” Unha valoración que tamén destaca a adaptación das imaxes ao público ao que vai dirixido, así como “a riqueza de detalles que configuran cada plano e a portada”. O xurado estivo presidido pola deputada de Cultura da Deputación, Patricia Torres, actuando como secretaria Ana Malingre, e como vogais David Canda, Antón Alonso, Xosé Antón Dorrío e Isabel Mociño.

Elena Andrés Rodríguez (Ourense, 1997), graduada en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo, vén de rematar os estudos na Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde, preparando na actualidade diversos traballos profesionais. Desde sempre tivo unha “especial atracción pola ilustración”, vocación que pensa desenvolver “aínda que nunca pensara que se podía vivir disto”.

Leer más:   A deputada Luz Doporto asistiu esta mañá á inauguración da etapa ourensá das Marchas Ciclistas Unificadas "Special Olympics Galicia"

- Te recomendamos -
Artículo anteriorAlegaremos contra os orzamentos da Deputación tras detectar irregularidades
Artículo siguienteRecoñecemento ás Bolsas “Erasmus Rural” da Deputación de Ourense no ámbito da cooperación europea
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.