Inicio Destacado Rosendo Fernández felicita ao alcalde de Maceda, Rubén Quintas, pola “gran demostración...

Rosendo Fernández felicita ao alcalde de Maceda, Rubén Quintas, pola “gran demostración de solidariedade” trala chegada de refuxiados ucraínos á vila

O convoi humanitario encabezado polo rexedor, que trouxo desde a fronteira con Polonia a 9 menores e 11 mulleres, é unha mostra da axuda que os ourensáns saben valorar “pois como pobo de emigrantes coñecen moi ben estas circunstancias”, en referencia á necesidade de deixar ás súas familias e á súa vida para ir cara outros países

O vivido na fronteira polaca, afirmou Rubén Quintas, é unha estampa “moitísimo peor da que se pode ver en televisión, e sobre todo no que se refire aos nenos: A solidariedade de todo o mundo vai ser máis forte que as balas de Putin”.

Mañá luns comeza a funcionar no parque de maquinaria, no polígono de San Cibrao, o centro loxístico no que a Deputación reunirá o material recollido en colaboración co Concello de Ourense para realizar un primeiro envío en resposta á petición de axuda realizada desde a localidade polaca de Ladek-Zdroj, integrada na European Historic Thermal Towns Association (EHTTA), para atender aos refuxiados ucraínos que cruzan a fronteira polaca

Ourense, 13 de marzo de 2022.- O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, felicitou hoxe ao alcalde de Maceda, Rubén Quintas, “pola súa gran demostración de solidariedade” ao conseguir traer á vila a 20 refuxiados ucraínos -9 menores e 11 mulleres adultas- que se atopaban na fronteira de Polonia fuxindo da guerra provocada pola invasión rusa do seu país. Unha estampa, definiu o propio alcalde de Maceda, “moitísimo peor da que se pode ver en televisión, e sobre todo no que se refire aos nenos”.

Leer más:   Ourense convértese en pioneira na preparación de intérpretes afeccionados coas I Xornadas formativas de Teatro Amador Galego

Accións como a realizada polo grupo de voluntarios que encabezou Rubén Quintas, dixo Rosendo Fernández, “demostran a solidariedade da provincia de Ourense, das súas xentes e das súas institucións cos refuxiados”. Unha axuda que os ourensáns saben valorar “pois como pobo de emigrantes coñecen moi ben estas circunstancias”, destacou Fernández referíndose así á necesidade de deixar ás súas familias e á súa vida para ir cara outros países.

O vicepresidente da Deputación expresou a súa satisfacción pola chegada deste primeiro grupo de refuxiados, ao tempo que destacou a canalización de toda a axuda humanitaria a través do centro loxístico que mañá luns porá en marcha a institución provincial no parque de maquinaria situado no polígono de San Cibrao.

“A solidariedade de todo o mundo vai ser máis forte que as balas de Putin”, manifestou con rotundidade o alcalde de Maceda trala chegada, “logo dunha viaxe moi dura”, do convoi humanitario á vila, con 9 menores e 11 adultos, aos que se unirán en próximos días un bebé, a súa nai e a súa aboa, xa que o pequeno está ingresado nun hospital polaco. “As mulleres perderon as súas casas polos bombardeos, a súa vida e aos seus homes, que non poden saír do país, o que fai aínda máis duro escoitar aos cativos preguntar polos seus pais”.

Leer más:   Manuel Baltar entregou a Jaime Chávarri a Calpurnia de Honra na gala de clausura da XXVII edición do OUFF

Tras descansar en tres hoteis de Maceda que cederon as súas habitacións de xeito altruísta, os cativos e as mulleres pasarán mañá unha revisión médica no centro de saúde e contarán con apoio psicolóxico permanente, explicou Ruben Quintas. Logo serán os servizos xurídicos e sociais, xunto con Cruz Vermella de Maceda e Ourense, os que canalizarán “os centos de ofrecementos de axuda”.

Centro loxístico da Deputación

Precisamente para coordinar e canalizar o envío de axuda humanitaria á fronteira con Ucraína, a Deputación de Ourense porá en marcha mañá luns un centro loxístico no parque de maquinaria situado no polígono de San Cibrao das Viñas. Alí, a institución provincial reunirá o material recollido en colaboración co Concello de Ourense para, nos próximos días, realizar un primeiro envío en resposta á petición de axuda realizada desde a localidade polaca de Ladek-Zdroj, integrada na European Historic Thermal Towns Association (EHTTA), para atender aos refuxiados ucraínos que cruzan a fronteira polaca.

Leer más:   ¿Lloverá en la Semana Santa de 2023 en Ourense? Estas son las predicciones oficiales

Ademais, nunha carta remitida a todos os concellos, a Deputación informa do dispositivo posto en marcha pola Área de Benestar, onde un grupo de traballo técnico agrupará toda a información sobre as iniciativas que se estean levando a cabo co fin de coordinar e complementar a axuda. Así habilitouse un enderezo electrónico e un teléfono (
This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.
– 988 317 772) para que os concellos faciliten unha persoa de contacto que permita coñecer, dun xeito áxil, que poden ofrecer e enviar. Nada máis informar desta iniciativa, o Concello de Chandrexa de Queixa xa puso a disposición sete vivendas sociais para acoller a refuxiados, que se suman ás dúas vivendas ofrecidas polo Inorde na estación de Vilavella (A Mezquita).


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO vicepresidente da Deputación, César Fernández, participa no acto de entrega do V Premio Ágora do Orcellón
Artículo siguienteLa Guardia Civil mantiene abiertas todas las hipótesis sobre el cadáver hallado en el punto limpio de O Carballiño
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.