Inicio Destacado A Deputación colabora co Concello de Cualedro na mellora dos servizos públicos,...

A Deputación colabora co Concello de Cualedro na mellora dos servizos públicos, infraestruturas e vivenda social

O presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, mantivo esta mañá un encontro de traballo co alcalde de Cualedro, Luciano Rivero

Manuel Baltar comprometeu o apoio a catro iniciativas de cooperación propostas polo rexedor: un punto limpo para os concellos de Cualedro, Trasmiras e Monterrei; unha obra de abastecemento de auga en Lucenza; a mellora do acceso ao espazo adicado ao parapente na Serra do Larouco e a implicación do goberno provincial nun proxecto de vivendas sociais

Ourense, 10 de outubro de 2022.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, mantivo esta mañá no Pazo Provincial un encontro de traballo co alcalde de Cualedro, Luciano Rivero, no que se analizaron as novas propostas de cooperación formuladas polo rexedor arredor do reforzo dos servizos públicos e a mellora das infraestruturas para os veciños,

Leer más:   España Vaciada con denominación de origen: casi un 25% de las viviendas de Ourense están sin habitar, el porcentaje más alto de España

O presidente do goberno provincial valorou como “extremadamente satisfactoria” unha reunión na que se pecharon novos acordos para seguir reforzando a colaboración con Cualedro: “No noso ADN está a cooperación cos concellos. Somos a administración máis próxima á realidade municipal, e cada encontro cun alcalde permite avanzar na mellora da atención aos veciños, reafirmando a nosa aposta por blindar os servizos públicos en cada un dos 92 concellos da provincia de Ourense”.

Manuel Baltar garantiu esta mañá o apoio da Deputación ao avance na construción do punto limpo para atender a Cualedro, Trasmiras e Monterrei, e que tamén conta co respaldo da Xunta de Galicia. “Unha obra importante no eido medioambiental e que atenderá as necesidades da veciñanza destes tres concellos”, resaltou o titular do goberno provincial.

Leer más:   A Deputación de Ourense constitúe a comisión de Patrimonio

O presidente da Deputación tamén comprometeu a Luciano Rivero a implicación do goberno provincial noutros tres proxectos presentados esta mañá polo rexedor: unha obra de abastecemento de auga en Lucenza; as melloras dos accesos ao espazo adicado á practica do parapente na Serra do Larouco -“un eixo estratéxico para a comarca e co que tamén colaboramos co Concello de Baltar”, sinala Manuel Baltar”- e unha iniciativa de vivendas sociais que está a ser perfilada polo goberno municipal xunto á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, e na que a Deputación asumirá a partida do Concello.

“Son proxectos básicos para o futuro de Cualedro e que, por suposto, contarán coa máxima implicación da Deputación de Ourense”, destaca Manuel Baltar, que realza “o traballo de Luciano Rivero en Cualedro, cun potente liderado construído con xestión e en permanente procura de novos proxectos para os veciños”.

Leer más:   La Organización Mundial del Turismo realiza el lanzamiento oficial del Congreso Internacional de Turismo Termal que acogerá Ourense

 


- Te recomendamos -
Artículo anteriorAs socialistas de Punxín denuncian que o PP oponse a impulsar a recuperación patrimonial e as escavacións no castro de Lás
Artículo siguienteO proxecto de Turismo Intelixente da Deputación protagonizou un foro transfronteirizo
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.