Inicio Destacado Os PGE 2023, as contas máis sociais da historia de Ourense

Os PGE 2023, as contas máis sociais da historia de Ourense

O PSDEG-PSOE DE OURENSE DESTACA QUE OS PGE 2023 SON AS CONTAS “MÁIS SOCIAIS DA HISTORIA” DA PROVINCIA, REMATAN COA “DISCRIMINACIÓN” E CUMPREN CON DEMANDAS HISTÓRICAS

Abellás, Tizón e Bautista fan fincapé en que os orzamentos “avanzan na xustiza social e protexen a economía dos ourensáns e ourensás” e que benefician a “106.460 pensionistas, 2.300 mozos e mozas e 19.613 empregados públicos e ao resto da cidadanía de Ourense”

Rafa Villarino salienta que estes orzamentos “por fin comezan a dar resposta, tras tantos anos, aos problemas reais que tiña Ourense e as infraestruturas que tanto precisa e rematan coa discriminación do PP”

Ourense, 11 de outubro de 2022. O PSdeG-PSOE de Ourense destaca que os Presupostos Xerais do Estado para 2023 en Ourense son as contas “máis sociais da historia”, nas que 6 de cada 10 euros destínanse a gasto social. As e os socialistas tamén subliñan que nos orzamentos veñen recollidos investimentos para demandas históricas na provincia en materia de infraestruturas que o PSOE “desbloquea” tras anos de “desleixo”, “abandono” e “inacción” dos gobernos do Partido Popular.

O deputado no Congreso, Adolfo Pérez Abellás; a deputada, Uxía Tizón; o senador, Miguel Bautista; e o secretario provincial, Rafa Villarino; veñen de comparecer en rolda de prensa onde analizaron polo miúdo os investimentos na provincia. Os e as socialistas apuntan que os Orzamentos Xerais do Estado para 2023 teñen como obxectivo “avanzar na xustiza social e protexer a nosa economía” e fan fincapé en que son unhas contas “pensadas para a clase media e traballadora, para reforzar o noso estado de benestar e consolidar o tecido empresarial da provincia”.

O deputado do PSdeG-PSOE de Ourense no Congreso, Adolfo Pérez Abellás, subliña que “estamos ante unhas contas que baten récords de investimentos en gasto social, con sete piares básicos de actuación como son os maiores, a sanidade, a dependencia, a mocidade, a inflación, o emprego e a vivenda”. Neste senso, o parlamentario ourensán pon o foco en que con estes orzamentos “beneficiaranse 106.460 pensionistas, que ven revalorizadas as súas pensións  nun 8,5 %, ademais de 2.300 mozos e mozas da provincia, co bono de aluguer mozo ou os 19.613 empregados públicos, coa subida do salario”.

Leer más:   Declaran nulo el despido de una trabajadora de DomusVi de Barra de Miño

Pérez Abellás afirma que estes orzamentos “son uns orzamentos pensados para as persoas, que reducen a desigualdade, axudan aos máis vulnerables e sentan as bases para o desenvolvemento sostible”. O deputado dos socialistas ourensáns en Madrid explica que o Partido Popular “non quere oír falar dos orzamentos, xa que descobren as súas vergoñas de como xestionarían unha crise, porque como todos e todas sabemos, o seu obxectivo é sempre protexer aos máis poderosos, en lugar das persoas, debilitando o estado de benestar”.

Pola súa banda, a deputada do PSdeG-PSOE no Congreso, Uxía Tizón Vázquez, apunta aos “notorios e importantes” incrementos dos orzamentos en materia ferroviaria e de estradas na provincia. Deste xeito, destaca que os investimentos do grupo MITMA “increméntanse nun 24,1% alcanzando un valor de 172,7 millóns de euros, namentres que no sector ferroviario, tamén se produce un incremento do 26,4%, con respecto aos PGE de 2022, cun valor total de 128,5 millóns para as actuacións ferroviarias na provincia”. Afirma tamén que “con este esforzo inversor, a provincia de Ourense é a cuarta provincia do Estado en investimentos no sector ferroviario polo PIB”.

Leer más:   O escritor Pablo Nogueira e a ilustradora Eva Piay reciben en Cea o XVIII Premio Pura e Dora Vázquez de narración e ilustración

Tizón tamén puxo o foco en que “namentres que co PP se tapiaban os túneles do AVE, co PSOE estes libéranse e a alta velocidade por fin chegou a Ourense”. A deputada ourensá tamén valora “moi positivamente” as subvencións e axudas ao transporte, das que “se benefician xa, 50.000 galegos e galegas”, gracias aos abonos recorrentes que bonifican o 100 % do prezo dos servizos de media distancia e tamén da media distancia de alta velocidade Avant ata Santiago de Compostela e A Coruña. Por último, a parlamentaria socialista finaliza destacando que “só co PSOE na Moncloa e con Pedro Sánchez como presidente do Goberno foi posible que Ourense teña todos os seus servizo ferroviarios de Media Distancia gratuítos”.

O senador do PSdeG-PSOE de Ourense, Miguel Bautista Carballo, destaca que os investimentos en provincias como Lugo ou León “benefician tanto aos empresarios como aos viaxeiros da provincia, xa que se melloran estradas e liñas ferroviarias polas que circulan a diario miles de ourensáns e ourensás”. O representante dos socialistas ourensáns no Senado, tamén quixo subliñar os “importantes investimentos en obras en Valdeorras, tales como a circunvalación do Barco ou o despegue da tan agardada A-76 que unirá Ponferrada e Ourense, pasando pola comarca de Valdeorras”.

Bautista Carballo fai fincapé en que A-76 “é unha promesa incumprida da peor ministra de Fomento da historia da humanidade, Ana Pastor, que en 2012 afirmaba que esta autoestrada realizaríase cando houbese cartos”. Neste senso, tamén destaca que co PP na Moncloa “prometeuse en 2012 o asfaltado da N-120, que se levou a cabo este ano da man do PSOE, porque o PP non foi capaz de asfaltala” e que o proxecto da circunvalación do Barco “estivo 7 anos gardado nun caixón da man do PP, ata que en 2019, xa co PSOE adxudicouse a obra porque cando hai vontade política e papeis, as obras poden comezar”.

Leer más:   A executiva municipal celebra un foro debate sobre urbanismo

Por último, o secretario provincial do PSdeG-PSOE de Ourense, Rafael Rodríguez Villarino, apunta a que estes orzamentos “por fin comezan a dar resposta, tras tantos anos, aos problemas reais que tiña Ourense e as infraestruturas que tanto precisa”. O líder dos socialistas ourensáns explica que os PGE 2023, “o PSOE é quen de darlle a Ourense unha resposta con infraestruturas como a Variante Norte, a A-76, a Variante Exterior do AVE, ou a estación intermodal, ademais de non esquecer a cultura, con investimentos como o do Arquivo Provincial Histórico, que xa é unha realidade, ou o Museo Arqueolóxico”.

Rodríguez Villarino aproveita tamén para sinalar que “cando algún político, non elixido en urna, que preside unha institución herdada, se permite o luxo de falar de discriminación, debería pensar moi ben do que fala, xa que ademais, estamos a falar dun político que é o que máis discrimina do pais”. Neste senso, tamén apunta a que “lle da aos concellos do PSOE, 10 veces menos recursos dos que reciben o do PP e que 15 dos 21 concellos socialistas da provincia non reciben nada”. “Falamos dun político vantaxista, electoralista e que discrimina á provincia, fronte a un PSOE que non só non discrimina, senón que beneficia positivamente a Ourense e a súa xente”, finaliza o líder provincial do PSdeG-PSOE de Ourense.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorRueda sigue con Jácome su ronda de alcaldes con asuntos como el parque acuático termal en el foco pero sin acuerdos
Artículo siguienteA Deputación reivindica a tradición do circo en Ourense co apoio á estrea de “Kochambre”, a nova produción do pallaso internacional Churry Silva
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.