Inicio Destacado Volve a promoción “Sesións balnearias a 1 euro”, a través das redes...

Volve a promoción “Sesións balnearias a 1 euro”, a través das redes sociais dos balnearios

A innovadora campaña lanzada pola Deputación e cinco establecementos termais busca promocionar a saúde a través da cultura termal

Despois do reparto de 250 códigos promocionais en Termatalia, os cinco balnearios entregarán 200 ofertas nos próximos días

Ourense, 11 de outubro de 2022.- A promoción “Sesións balnearias a 1 euro”, impulsada pola Deputación de Ourense, retorna a través das redes sociais dos cinco balnearios ourensáns participantes nesta campaña -todos os da provincia dotados con piscina de auga mineromedicinal de usos lúdico-terapéuticos: Laias, Cortegada, Lobios,  Partovia e Arnoia-.

Despois do reparto de 250 códigos de promoción no stand da Deputación en Termatalia, os cinco balnearios entregarán nos próximos días outros 200.

Leer más:   Omar Montes, protagonista de un desfile de Carnaval pasado por agua

A promoción lanzada o pasado 21 de setembro pola Deputación e os balnearios busca promocionar a saúde a través da cultura termal. A promoción está a posibilitar o goce dos balnearios ao prezo de 1 euro, coa intención de que moitas das persoas residentes na nosa provincia que aínda non coñecían os nosos balnearios poidan facelo.

Entre os cinco balnearios achegaron unha cifra inicial de 1.000 sesións balnearias que se distribúen entre os meses de outubro e novembro, de luns a domingo, en diferentes franxas horarias e cunha duración entre 1,5 e 2 horas.

A reserva das sesións balnearias abriuse o pasado 29 de setembro a un prezo especial único de 15 euros, importe sobre o que se poden aplicar códigos de desconto de 14 euros, quedando o prezo final en 1 euro. O acceso ás 1.000 prazas é por orde de solicitude e reserva, tramitándose a través de internet.

Leer más:   Gestagua, enfrenta procesos legales por filtración de datos confidenciales y controversias en su Plan de Igualdad

Gran resposta en Termatalia á entrega das primeiras 250 sesións a 1 euro

Ás 1.000 sesións balnearias a 1 euro accédese a través de códigos desconto que se entregan ás persoas interesadas utilizando diferentes fórmulas.

Os 250 primeiros códigos de desconto puxéronse ao dispor dos interesados na Feira Termatalia, espertando un alto interese na caseta da Área de Benestar da Deputación de Ourense, que foi o punto no que se puideron recoller os mencionados códigos. Unha vez entregados e utilizados a totalidade dos mesmos, esta semana entregaranse os mencionados 200 novos códigos.

200 novos códigos desconto a través da redes sociais dos balnearios

Ao longo desta semana os balnearios publicarán nas súas redes sociais novos códigos de desconto que permitirá a 200 persoas realizar a reserva das sesións balnearias a 1 euro.

Leer más:   A Deputación prepara un proxecto para crear unha plataforma turística baseada na Intelixencia Artificial

O primeiro que deben facer todas as persoas interesadas antes de conseguir o código é rexistrarse na páxina web da promoción (https://raiatermal.com/signup) xa que é un requisito indispensable para poder realizar a reserva no momento que o código de desconto publíquese.

Toda a información sobre a iniciativa está dispoñible na web de información https://raiatermalou.com/promocion


- Te recomendamos -
Artículo anteriorA Deputación reivindica a tradición do circo en Ourense co apoio á estrea de “Kochambre”, a nova produción do pallaso internacional Churry Silva
Artículo siguienteRueda sigue con Jácome su ronda de alcaldes con el parque acuático termal en el foco pero sin acuerdos concretos
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.