Inicio Destacado Sae das naves da Deputación o primeiro camión con axuda humanitaria para...

Sae das naves da Deputación o primeiro camión con axuda humanitaria para Ucraína

Con material recollido polo Concello de Ourense e almacenado no parque da maquinaria pola institución provincial, o envío foi organizado por AGA-Ucraína e financiado por Afundación e Abanca.

Ourense, 21 de marzo de 2022.- Esta tarde cargouse no parque da maquinaria da Deputación de Ourense o primeiro camión con axuda humanitaria que se enviará nas próximas horas a Ucraína. O envío do material humanitario, recollido polo Concello de Ourense e almacenado no parque da maquinaria pola institución provincial, foi organizado por AGA-Ucraína e financiado por Afundación e Abanca. Os deputados Luz Doporto e Pablo Pérez supervisaron o proceso de carga do camión, que ten como destino o punto fronteirizo de Przemysl, entre Polonia e Ucraína.

Leer más:   Papá Noel llega a la ciudad de Ourense tirado por sus renos

O centro loxístico activado pola Deputación busca canalizar e coordinar a resposta dos concellos ourensás ante a guerra de Ucraína. O goberno provincial ten en funcionamento un dispositivo posto en marcha pola Área de Benestar, onde un grupo de traballo técnico agrupa toda a información sobre as iniciativas que se estean levando a cabo dende o ámbito municipal. Así habilitouse un enderezo electrónico e un teléfono (
This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.
– 988 317 772) para que os concellos faciliten unha persoa de contacto que permita coñecer, dun xeito áxil, que material poden ofrecer e enviar, favorecendo as sinerxías e garantindo a resposta máis eficiente e ordenada posible.

Leer más:   A Deputación instalará novas mesas e bancos de granito na área recreativa da Veronza, en Ribadavia

- Te recomendamos -
Artículo anteriorA Deputación aproba as bases para as axudas a clubes deportivos e agrupacións veciñais
Artículo siguienteManuel Baltar apoiará “cantas medidas sexan necesarias para un maior pulo normalizador no emprego do galego”
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.