Inicio Destacado Cenlle reúne este sábado a 400 deportistas no campionato galego de inverno...

Cenlle reúne este sábado a 400 deportistas no campionato galego de inverno de piragüismo de barcos de equipo

A Federación Galega de Piragüismo estrea Barbantes coma sede de competición autonómica, nunha proba na que participarán trinta clubes galegos en categoría senior, junior e veterano

Ourense, 25 de marzo de 2022.- Cenlle acollerá mañá, sábado 26 de marzo, o campionato galego de inverno de piragüismo de barcos de equipo (K2 e C2). A competición, que se celebrará nas augas do Miño á altura de Barbantes, conta cunha inscrición de 400 deportistas pertencentes a trinta clubes galegos diferentes de categoría senior, junior e veterano.

Na presentación da proba estiveron o vicepresidente segundo da Deputación e responsable dos asuntos de cooperación cos concellos do Ribeiro, César Fernández; o alcalde de Cenlle, José Manuel Rodríguez; o presidente da Federación Galega de Piragüismo (FGP), Fredi Bea; o xefe de servizo de Deporte da Xunta en Ourense, Manuel Pérez e o presidente do Club Piragüismo Ourense, José Luis Fernández.

Leer más:   O presidente da Deputación visita á rodaxe de "La Manzana de Oro": "O audiovisual é cultura que perdura no tempo e promociona o territorio"

A proba de mañá comezará ás 10,30 horas coa saída das canoas masculinas junior e rematará sobre ás 14,00 horas coa disputa da manga dos kayac senior masculino. Os participantes recorrerán 5 quilómetros nun circuíto de tres voltas no contexto do paseo termal de Barbantes-Cenlle. Un escenario que se estrea nun evento deste tipo, na intención da Deputación de Ourense e Federación Galega de Piragüismo de ampliar os escenarios e láminas de auga que se poden usar para celebrar competicións na provincia, acción alineada coa firme aposta da institución provincial por impulsar os deportes náuticos en Ourense.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorA Deputación participa na xunta de traballo do Grupo de Datos Abiertos da FEMP
Artículo siguienteAprobado por unanimidade o plan de medidas antifraude da Deputación para a xestión e execución dos fondos Next Generation
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.