Inicio Destacado A Deputación participará na creación do primeiro museo virtual da informática de...

A Deputación participará na creación do primeiro museo virtual da informática de Galicia

O proxecto, en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, busca conservar e divulgar o patrimonio tecnolóxico e como estes avances contribuíron a cambiar a sociedade nas últimas décadas

A iniciativa encáixase dentro da decidida aposta da Deputación de Ourense pola difusión da tecnoloxía

Ourense, 3 de abril de 2022.- A Deputación de Ourense e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia colaborarán na creación do primeiro museo virtual da informática de Galicia. O presidente da Deputación, Manuel Baltar, avanzou o apoio a este proxecto tras reunirse no Pazo Provincial co presidente do Colexio, Fernando Suárez.

O museo virtual aposta por divulgar como as tecnoloxías cambiaron a sociedade nas últimas décadas. Representarase un espazo similar a unha gran sala de exposicións, con diferentes lugares para que o visitante poida acceder aos contidos e servizos ofrecidos polo museo. O proxecto usará, segundo a proposta, as “máis avanzadas técnicas de creación de entornos 3D sen o requisito, por parte do usuario, de ter uns requirimentos de hardware moi potente para explorar espazos tridimensionais coa máxima calidade visual”. Deste xeito, o museo virtual poderase visitar desde o ordenador, a tableta ou o teléfono móbil intelixente e será accesible a través dunha dirección web, sen necesidade de instalar ningún visualizador ou “plugin” específico.

Leer más:   A Deputación colaborará nun proxecto de autoabastecemento de cereal para os gandeiros do Irixo

Esta iniciativa encáixase dentro da aposta da Deputación de Ourense pola tecnoloxía e superar as brechas tecnolóxicas, escenificada en proxectos coma a Provincia Intelixente, que ten como unha das necesidades divulgar os avances neste eido.

Obxectivos do proxecto

O visitante deste futuro museo virtual poderá desprazarse de maneira libre por todo o espazo virtual e explorarlo. Esta será unha forma de acercar os contidos ao usuario de forma máis natural e intuitiva: o usuario poderá desprazarse polo museo virtual como nun espazo real, nunha visita virtual interactiva. “É unha solución innovadora que va máis aló da web tradicional, empregando a experiencia virtual como vehículo para facilitar o acceso a información a través dunha interface sinxela, permitindo a aproximación aos contidos a usuarios con distintos niveis de madurez dixital”, explícase no proxecto.

Leer más:   Alarma en Ourense por incendio en edificio residencial

Este museo virtual de informática de Galicia constará de espazos como unha zona de benvida – para consultar información sobre diferentes áreas e equipamentos informáticos segundo temática ou cronoloxía-, unha zona de descarga de de documentación, pantallas multimedia ou zonas de proxección.

En cada espazo o visitante encontrará, en recreacións 3D, os primeiros equipos informáticos, sistemas de comunicación, ordenadores… con información adicional para ampliar. Nesta mesma liña, entre as derivadas do proxecto está recuperar equipos que estaban a piques de desaparecer, como un ordenador analóxico da Universidade de Santiago ou os primeiros sistemas de supercomputación que houbo en Galicia. Nunha seguinte fase, o proxecto pasaría por crear un espazo museístico físico. Todo dentro dunha acción aberta, coa posibilidade de que universidades, administracións públicas e entidades privadas sumen as súas achegas ao proxecto.

Leer más:   O presidente da Deputación reúnese no Pazo Provincial co alcalde de Padrenda

- Te recomendamos -
Artículo anteriorA Deputación colaborará en “Amigos hasta la muerte”, a primeira película dirixida por Javier Veiga
Artículo siguienteA Deputación destina 255.000 euros á convocatoria de subvencións para proxectos de carácter social
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.