Inicio Destacado O Paco Paz reúne a máis dun milleiro de ximnastas no X...

O Paco Paz reúne a máis dun milleiro de ximnastas no X Torneo Internacional Ourense, a Provincia Termal

Organizado polo Club Marusia e a Deputación, no pavillón de deportes daranse cita desde mañá xoves e ata o domingo 60 clubs procedentes de diversos puntos da xeografía nacional, así como da Arxentina e Portugal

Na presentación da competición, Manuel Baltar incidiu na aposta da Deputación polo turismo deportivo: “Esta proba non é froito da casualidade. Son 1.100 deportistas coas súas familias, unhas cifras importantes a nivel deportivo e de visibilidade do territorio, cun evidente retorno turístico e económico”

A presidenta do club organizador, Pilar Vázquez, puxo de relevo a importancia que adquiriu este torneo co continuo aumento do número de inscricións, contribuíndo á promoción da ximnasia rítmica e impulsando o turismo deportivo na provincia

A proba servirá para estrear o novo sistema de cámaras automatizadas do Paco Paz, que permitirá retransmitir os eventos deportivos

Ourense, 13 de abril de 2022.- O pavillón de deportes Paco Paz reunirá desde mañá xoves, día 14, e ata o domingo 17 a un milleiro de deportistas que participarán no X Torneo Internacional Ourense, a Provincia Termal de ximnasia rítmica, organizado polo Club Marusia e a Deputación  de Ourense coa colaboración da Xunta de Galicia. Os detalles desta cita foron presentados esta mañá no Pazo Provincial nun acto no que participaron o presidente provincial, Manuel Baltar; o tenente alcalde do Concello de Ourense, Armando Ojea; o xefe territorial de Deportes da Xunta, Manuel Pérez; e a presidenta e mailo representante da directiva do club, Pilar Vázquez e Roberto Rodríguez.

Leer más:   A Deputación colabora na celebración da 25 edición da Feira do Pemento de Oímbra

Manuel Baltar remarcou o traballo e ilusión desenrolados na organización desta proba, incidindo na aposta da Deputación polo turismo deportivo: “Este torneo non é froito da casualidade. Son 1.100 deportistas que estarán aquí coas súas familias. É importante a nivel deportivo e tamén de visibilidade do territorio, cun evidente retorno turístico e económico”.

Pilar Vázquez puxo de relevo a importancia que adquiriu este torneo e que se reflicte no continuo aumento do número de inscricións, pasando dos 165 ximnastas na primeira edición (2011) aos 1.100 deportistas que participarán este ano. Destacou ademais a presenza de máis de 60 clubs procedentes de diversos puntos da xeografía nacional, así como da Arxentina e Portugal, con ximnastas pertencentes á selección española sénior e júnior e ao combinado portugués sénior absoluto.

Leer más:   Manuel Baltar cualifica a Mobile Week Ourense como "un feito innovador que marca tendencia e diferencia o noso territorio na era da tecnoloxía"

Para a presidenta do Club Marusia, este torneo ten como obxectivos o fomento do deporte feminino, en particular da ximnasia rítmica, así como a apertura de liñas de colaboración con equipos rexionais, nacionais e mesmo internacionais desta disciplina. Pero tamén, subliñou, preténdese situar á provincia de Ourense e Galicia no primeiro plano deste deporte e, ademais, contribuír ao desenvolvemento económico do territorio ourensán impulsando o turismo deportivo.

As probas do X Torneo Internacional Ourense, a Provincia Termal de ximnasia rítmica comezarán o xoves, día 14, coa competición de conxuntos de nivel escolar e individuais de promoción e pre-base. O venres 15 será a quenda para os conxuntos de promoción e individual base e masculino. Na xornada do sábado participarán os conxuntos de copa base e individual absoluto e xa o domingo celebraranse as finais individuais e de conxuntos absolutas.

Leer más:   Manuel Baltar resalta los beneficios del programa de Termalismo Social de la Diputación: "En estos 10 años ha generado más de 5 millones de euros de facturación directa"

Novo sistema de cámaras do Paco Paz para a retransmisión dos eventos deportivos

Na súa intervención, Manuel Baltar lembrou que esta proba servirá para estrear o novo sistema automático de cámaras instalado pola Deputación no interior do Paco Paz, para retransmitir os eventos deportivos e impulsar o desenrolo tecnolóxico dos equipos ourensáns.

O interior do pavillón xa conta cunha cámara panorámica 8K con catro lentes, que fai un seguimento automático mediante intelixencia artificial adaptándose ás particularidades de cada deporte que se practica no Paco Paz -fútbol sala, baloncesto, ximnasia, balonmán, hockey, voleibol…-; unha cámara robotizada para os primeiros planos e unha cámara nun fondo para enriquecer as retransmisións. Este novo sistema permitirá retransmitir en directo os eventos, reforzando a versatilidade do espazo e permitindo, ademais, a gravación dos adestramentos para a mellora dos deportistas locais.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorBaltar descarta optar a suceder a Feijóo y apoya una vía de “unidad” encabezada por Rueda: “Bicefalias mejor no”
Artículo siguienteManuel Baltar celebra en Laias a reactivación do termalismo deportivo, con 357 deportistas adestrando no Cerlac entre abril e maio
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.