Cartelle organiza co apoio da Deputación o II Maratón de Fútbol Sala Feminino

Na presentación do evento, Manuel Baltar enmarcou esta maratón “na aposta que desde os últimos anos estamos a facer desde o goberno provincial polo deporte feminino”

O alcalde Jaime Sousa agradeceu o apoio da Deputación para unha competición “que ten a súa razón de ser no Cartelle Fútbol Sala Feminino”

Un total de 24 equipos de Galicia, Cataluña, Andalucía, Castela e León e Portugal xogarán do 8 ao 10 de xullo unha competición dotada con 6.000 euros para o primeiro clasificado. Dende a organización explican que este torneo é o máis importante do mundo deste deporte en dotación económica

Ourense, 28 de abril de 2022.- O pavillón de deportes Piño Vilachá, de Outomuro, en Cartelle, acollerá do 8 ao 10 de xullo o II Maratón de Fútbol Sala Feminino. A cita deportiva foi presentada esta mañá no Pazo Provincial polo presidente da Deputación, Manuel Baltar; o alcalde de Cartelle, Jaime Sousa; e o responsable de Taffa Sport, José Ángel Baliñas, entidade organizadora do evento xunto co Concello e o apoio da institución provincial. Na presentación deste torneo, o máis importante en premios do mundo neste deporte cunha dotación de 6.000 euros para o equipo campión, tamén estiveron as xogadoras do Cartelle FS Silvia Bardanca, Ariadna Feijóo e Alba Losada.

Manuel Baltar enmarcou este maratón “na aposta que desde os últimos anos estamos a facer desde o goberno provincial polo deporte feminino”, como a Copa da Súa Maxestade a Raíña de Fútbol Sala que se disputará no Pazo dos Deportes Paco Paz de Ourense do 6 ao 8 de maio. Agora, dixo, “tamén podemos comprobar a capacidade organizativa do Concello, ao que desexo que converta o torneo nunha cita imprescindible e atractiva, non só pola contía económica do premio, senón tamén pola calidade dos equipos”

Jaime Sousa agradeceu o apoio da Deputación para celebrar unha maratón “que ten a súa razón de ser no Cartelle Fútbol Sala Feminino, unha afección que xa o pasado ano nos motivou para organizar o primeiro torneo internacional desta categoría”.

“Van ser case 24 horas ininterrompidas de competición”, dixo José Ángel Baliñas antes de explicar os detalles dun torneo que cun máximo de 24 equipos xa conta con 21 inscricións, destacando 11 equipos de Portugal e conxuntos procedentes das comunidades de Cataluña, Andalucía e Castela e León, ademais de Galicia.  A organización espera reunir a máis de 300 xogadoras, que disporán de toda a loxística necesaria grazas ás instalacións de acampada do Mundil.

A competición organizarase en 8 grupos de tres equipos cada un, dos que os dous primeiros pasarán ás seguintes fases, estando previsto que se dispute a final o domingo 10 de xullo ás seis da tarde. Tamén xogarase unha fase de consolación. O equipo campión obterá un premio de 6.000 euros, 1.000 o segundo clasificado e 500 o terceiro.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

El tiempo para hoy en Ourense, 8 de mayo de 2024

Hoy en Ourense tendremos nubes escasas. En cuanto a las temperaturas, oscilarán entre una máxima…

4 horas hace

ALERTA FLiRT, una nueva y muy contagiosa variable del Covid podría llegar a Ourense

¡FLiRT, la nueva variante de COVID-19, que está arrasando en Estados Unidos y que puede…

16 horas hace

Madrid, el nuevo bastión del ‘Smash Burgers’ con Marlons y VICIO a la vanguardia

Madrid se ha convertido en el epicentro de la creciente tendencia de las smash burgers,…

17 horas hace

Gonzalo Mairata Corominas ficha por Sagardoy Abogados como abogado del Estado

Sagardoy Abogados anunció este lunes la incorporación como socio de Gonzalo Mairata Corominas (Madrid, 1978),…

17 horas hace

El tiempo para hoy en Ourense, 7 de mayo de 2024

Para hoy por la mañana en Ourense habrá más nubes que claros. A medida que…

1 día hace

El atractivo de Laliga para la inversión extranjera en España se intensifica

El valor medio de un club que disputa LALIGA EA SPORTS asciende, según datos del…

2 días hace

Esta web usa cookies.