Inicio Destacado Manuel Baltar reivindica o legado de Delgado Gurriarán e pide seguir traballando...

Manuel Baltar reivindica o legado de Delgado Gurriarán e pide seguir traballando a prol da lingua galega: “Contade con Ourense para acadar maiores espazos de normalización e promoción do noso idioma e a nosa cultura”

MB Letras Galegas 22 1

MB Letras Galegas 22 2

O presidente da Deputación interveu esta mañá no acto das Letras Galegas 2022 para homenaxear ao intelectual de Córgomo, un autor que abarca na súa obra “os cantos xeórxicos e a exaltación dionisíaca e, pola outra, a denuncia social e a lira de combate, o froito da súa peripecia vital; a defensa da legalidade republicana, os circios ideais do galeguismo, a guerra civil, o exilio e a súa fonda visión de México e de toda América”

Baltar propuxo adicar o Día das Letras Galegas 2023 as irmáns Pura e Dora Vázquez: “Poetas, narradoras, dramaturgas e articulistas en lingua galega, nos escuros tempos da Ditadura; precursoras da literatura infantil e xuvenil, mulleres dunha xeración caracterizada pola resistencia, a entrega e a xenerosidade”

O Barco de Valdeorras, 17 de maio de 2022.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, interveu esta mañá no Teatro Lauro Olmo, no Barco de Valdeorras, dentro acto das Letras Galegas 2022 celebrado para homenaxear a Florencio Delgado Gurriarán. O acto, da Xunta de Galicia, estivo presidido polo presidente do goberno autonómico, Alfonso Rueda; e contou coa presenza, entre outros, do presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez; o alcalde do Barco de Valdeorras, Alfredo García; a presidenta do Consello da Cultura, Rosario Álvarez; o presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes e familiares do intelectual homenaxeado.

No seu discurso, Manuel Baltar, lembrou os vencellos de Delgado Gurriarán coa súa Valdeorras natal, “por suposto, coa toponimia xenuína que el reclamou, é dicir A Rúa, O Barco, Rubiá, Petín, O Bolo, Carballeda, Larouco, Vilamartín e A Veiga. Nove concellos que conforman nove latitudes. Un universo marabilloso, un val de vales agarimado por outras serras, presidido pola soberana grandeza de Pena Trevinca, dous mil cento vintesete metros de altitude, a testa erguida da ‘Galicia Infinda”.

Leer más:   MAPA | ¡Ten cuidado! estos son todos los radares fijos, móviles y de tramo de Ourense

O presidente da Deputación reivindicou o legado literario de Delgado Gurriarán, citando a Xosé Ramón Pena para inserir ao autor valdeorrés nas “avangardas enxebres”, destacando unha obra que abarca “os cantos xeórxicos e a exaltación dionisíaca mesturados de erotismo e, pola outra, a denuncia social e a lira de combate, o froito da súa peripecia vital; a defensa da legalidade republicana, os circios ideais do galeguismo, a guerra civil, o exilio e a súa fonda visión de México e de toda América”.

Baltar leu uns versos dos “Poemas Mexicanos” antes de, apoiándose na biografía de Delgado Gurriarán escrita polo seu sobriño Ricardo -que tamén interveu no acto desta mañá- definir ao homenaxeado como un “poeta, tradutor, político e animador cultural, sempre firme defensor da identidade de Galicia; desde o seu nacemento, en 1903, no Córgomo, concello de Vilamartín de Valdeorras, ata o seu pasamento, en 1987, en Fair Oaks, California”.

Leer más:   Deputación e Correos facilitarán á veciñanza da provincia o pagamento de tributos desde as súas casas

“A gran celebración da lingua e da literatura desta nación cultural, á que pertencemos os galegos de dentro e de fóra, pensemos como pensemos e vivamos onde vivamos”

Como presidente da Deputación, Manuel Baltar agradeceu o traballo das “institucións públicas e privadas e ás persoas implicadas nesta grande celebración da lingua e da literatura propias desta nación cultural, á que chamamos Galicia, á que pertencemos como ourensáns, os galegos e as galegas de dentro e de fóra, pensemos como pensemos e vivamos onde vivamos, porque de todas e de todos nós é o mérito”.

Despois de recoñecer o traballo, en maio de 1963, de “tres galeguistas, tres académicos, tres grandes da nosa cultura: Francisco Fernández del Riego, Manuel Gómez Román e Xesús Ferro Couselo -pontevedrés de nacemento pero ourensán de pura cepa-” creando o Día das Letras Galegas, Manuel Baltar pediu seguir avanzando neste eido: “Por iso debemos acadar maiores espazos de normalización e de promoción do noso idioma e da nosa cultura. Democratizar o Día das Letras Galegas significa ampliar a participación social. Isto é posible. Contade connosco dende Ourense”.

Candidatura de Pura e Dora Vázquez para as Letras Galegas 2023

Manuel Baltar rematou a súa intervención no Lauro Olmo propoñendo as irmáns Pura e Dora Vázquez coma protagonistas do Día das Letras Galegas 2023, no sesenta aniversario desta celebración cultural: “Dúas mestras exemplares, escritoras, poetas, narradoras, dramaturgas e articulistas en lingua galega, nos difíciles e escuros tempos da ditadura, precursoras da literatura infantil e xuvenil. Mulleres dunha xeración caracterizada pola resistencia, a entrega e a xenerosidade”.

Leer más:   Historia, tradición e modernidade mestúranse, co apoio da Deputación, na volta da Romaría da Saínza e o combate entre mouros e cristiáns

O presidente da Deputación destacou a tradición literaria da provincia de Ourense: “Con Florencio Delgado Gurriarán, con Manuel Curros Enríquez, con Valentín Lamas Carvajal, con Vicente Risco, con Ramón Otero Pedrayo, con Florentino López-Cuevillas, con Eduardo Blanco Amor, con Xaquín Lorenzo, con Xesús Ferro Couselo, con Carlos Casares, con Pura e Dora Vázquez, con Antón Tovar, con Marcos Valcárcel… Cos que foron, cos que son e cos que serán, a ourensanía é unha fonte de liberdade creativa”.

“O galego debe seguir medrando”

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, defendeu o legado de Delgado Gurriarán e chamou a traballar dende as administracións públicas para que o idioma, “coa participación de todos, floreza mil primaveras máis”, sinalando que a “cordialidade de Galicia é tamén a cordialidade lingüística, non hai razón para impoñerse particións ideolóxicas nin estereotipos errados”.

No acto tamén interviron o presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes; o sobriño do homenaxeado Ricardo Gurriarán e o alcalde do Barco de Valdeorras, Alfredo García, que destacou o traballo realizado na comarca, co apoio das institucións públicas, na consecución desta candidatura para homenaxear ao poeta de Córgomo.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorCésar Fernández asiste en Vilamartín ao pleno extraordinario da RAG polo Día das Letras Galegas
Artículo siguienteA Xunta de Goberno valida a proposta de Manuel Baltar para presentar a candidatura de Pura e Dora Vázquez ás Letras Galegas 2023
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.