Inicio Destacado Baltar resalta as posibilidades abertas para Ourense no horizonte pospandemia: “Temos que...

Baltar resalta as posibilidades abertas para Ourense no horizonte pospandemia: “Temos que marcar diferenzas apoiados na alianza público-privada e o traballo en rede”

Manuel Baltar abre as xornadas de Mulleres Emprendedoras en Accion 2

Elena Rivo Manuel Baltar Marisol Novoa e Luz Doporto

O presidente da Deputación inaugurou a xornada final do proxecto “Mulleres Emprendedoras en Acción”, da Universidade de Vigo e a CEO: “Un acto que pon de relevo a forma de traballar de Ourense e reivindica o talento do noso Campus”

Ante proxectos con financiación europea como “Mulleres Emprendedoras en Acción” ou “EmprendOU”, Manuel Baltar destaca a importancia de ter “interlocución directa” con Europa para “xerar fondos e materializalos, dentro da nosa firme aposta por Ourense”

A deputada Luz Doporto destacou o desenrolo do programa EmprendOU, pioneiro en Galicia e que dende a súa activación en 2019 xa apoiou as iniciativas de case 200 mozos de concellos de toda a provincia

Ourense, 6 de xuño de 2022.- O presidente da Deputación, Manuel Baltar, inaugurou esta mañá no Centro Cultural Marcos Valcárcel o evento final do proxecto “Women Entrepreneurs in Action WE’RE IN! (Mulleres Emprendedoras en Acción)”, unha iniciativa europea destinada a estimular o emprendemento feminino no que levan traballando dende 2019 a Confederación de Empresarios de Ourense (CEO) e a Universidade de Vigo, e que conta coa colaboración da Deputación de Ourense.

Manuel Baltar, que estivo acompañado na apertura da xornada pola profesora Elena Rivo -investigadora principal por parte da UVigo neste proxecto-, e a presidenta da CEO, Marisol Novoa, resaltou que este acto “pon de relevo a forma de traballar dende Ourense, reivindicando o talento do noso Campus. Este evento fala de visibilidade, emprendemento, territorio… e de futuro”.

Leer más:   Rosendo Fernández asiste á presentación do proxecto de mellora da OU-402, en Arnoia, por parte da Xunta

O presidente da Deputación definiu o escenario actual como “cheo de dificultades, unha encrucillada na que nos está tocando vivir a todos, tanto colectivamente como de maneira individual, pero de enormes posibilidades. E creo que na captación desas posibilidades é onde temos que marcar a diferenza, e estamos a facelo”.

Superada a pandemia, resalta Baltar, “ábrese un abano importante de opcións ante a que temos que estar atentos. A Deputación é moi consciente deste reto, e por iso presidimos a asociación europea de cidades históricas termais ou a asociación europea de gobernos intermedios. Temos que impulsarnos a través da colaboración público-privada e organizándonos a través de entidades, de asociacións e federacións que loitan polo interese xeral do colectivo, apostando polo termalismo e apoiándonos no AVE”.

Manuel Baltar lembrou a importancia de ter “interlocución directa” coas administracións europeas para acadar financiación comunitaria para proxectos como “Mulleres Emprendedoras en Acción” ou “EmprendOU”. “E o acto de esta mañá é un reflexo claro desa capacidade de interlocución, desa capacidade de xerar fondos e da materializalo en proxectos como este e por iso nosa aposta segue sendo a de sempre, a nosa aposta chámase Ourense, a nosa aposta é un territorio cincelado pola historia grazas á personalidade e a traxectoria de todos aqueles que habitaron aquí, que presumiron con orgullo dun territorio, dunha provincia como esta, dunha cidade como esta, e que ten por diante moitos obxectivos que conseguir”. E a Deputación, sinalou Baltar, “ten moi claro cales son os obxectivos deste territorio, como quedou reflexado no noso plan de mandato”.

Leer más:   O proxecto de Turismo Intelixente da Deputación protagonizou un foro transfronteirizo

Rivo e Novoa destacan o balance positivo do proxecto

Elena Rivo destacou a notable acollida da iniciativa entre administracións e participantes, pese a que a pandemia obrigou a readaptar á programación. Mentres, Marisol Novoa resaltou que a participación da CEO neste proxecto é un orgullo, apostando pola importancia de crear emprego e mellorar a competitividade do tecido empresarial ourensá. Rivo e Novoa coincidiron en facer un balance positivo da actividade do proxecto a prol de rachar a fenda aínda existente entre homes e mulleres á hora de crear o seu propio emprego ou negocio. Entre as actuacións realizadas dentro desta iniciativa comunitaria estivo a publicación dun cómic, editado co apoio da Deputación de Ourense.

Froitos do programa EmprendOU

Leer más:   O presidente da Deputación recolle o premio da Cultura Galega a San Pedro de Rocas: “Da man da Xunta seguiremos avanzando na súa protección e difusión”

A continuación, a deputada de Igualdade e Reto Demográfico da Deputación, Luz Doporto, presentou o programa “EmprendOU” da Deputación de Ourense. Este programa está financiado polo Programa Operativo de Emprego Xuvenil do Fondo Social Europeo e concede axudas de 675 euros ao mes para menores de 30 anos que presenten proxectos empresariais ou de autoemprego en municipios rurais de menor poboación.

Dende a súa activación en 2019, case 200 mozos ourensáns xa se teñen beneficiado deste programa, pioneiro en Galicia, e que so teñen outras sete provincias en España. En total, máis de 1,5 millóns de euros para impulsar variados proxectos por toda a provincia.

Ademais, a xornalista Sonia Torre falou da comunicación como unha ferramenta nos negocios e expuxéronse casos de éxito de mulleres emprendedoras ourensás: Natalia Silva (Blue Silk); Beatriz Alcalá (La Zapatería del Abuelo), Andrea Lama (avogada) e Ana María Álvarez (Alloa).


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO presidente da Deputación reuniuse no Pazo Provincial co alcalde de Amoeiro
Artículo siguienteRosendo Fernández participou na inauguración da mostra “Bebedeira de ensoños”, sobre Delgado Gurriarán
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.