A Deputación colaborará na mellora de pistas municipais de Cartelle e na rehabilitación da antiga escola de Terzas

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, abordou co alcalde deste concello, Jaime Sousa, as liñas de cooperación abertas entre ambas administracións

O goberno provincial tamén colaborará nas actividades da Asociación de Comuneros de Nogueiró e reforza o seu compromiso coa Mancomunidade de Terras de Celanova, cooperando na futura compra dun camión con escaleira para os bombeiros

Manuel Baltar recoñeceu o traballo de Sousa e avanzou o máximo compromiso cos proxectos de futuro de Cartelle e da Mancomunidade

Jaime Sousa agradeceu o apoio da Deputación: “Sen a axuda do goberno provincial sería imposible avanzar nestas liñas de traballo”

Ourense, 9 de xuño de 2022.- O presidente da  Deputación de Ourense, Manuel Baltar, mantivo un encontro no Pazo Provincial co alcalde de Cartelle, Jaime Sousa, co que repasou as liñas de traballo que van marcar nos vindeiros meses a colaboración entre as administracións provincial e municipal, que estarán centradas na mellora das infraestruturas viarias, dotación de servizos e no eido medioambiental.

En concreto, a Deputación cooperará na mellora de pistas en varios núcleos do municipio, no acondicionamento das instalacións da antiga escola de Terzas e colaborará coa Asociación de Comuneros de Nogueiró no peche de fincas e na adquisición dun tractor de segunda mano.

Manuel Baltar recoñeceu o traballo de Jaime Sousa, “tanto nos seus prantexamentos e planificación ao fronte do Concello de Cartelle como na presidencia da Mancomunidade de Terras de Celanova”. O presidente da Deputación avanzou a “máxima colaboración” do goberno provincial na cooperación de “proxectos importantes, para seguir mellorando as vías de comunicación de Cartelle ou na decidida aposta común polas cuestións medioambientais e no ámbito cultural”.

Jaime Sousa agradeceu o apoio da Deputación: “Coma sempre, o presidente está aí para atender as nosas peticións. Sen a axuda do goberno provincial sería imposible poder avanzar nestes proxectos”.

Mancomunidade de Terras de Celanova

Na reunión tamén se abordaron cuestións vencelladas á Mancomunidade de Terras de Celanova, presidida por Jaime Sousa dende xaneiro de 2022. “Analizamos cuestións de seguridade e de incendios, con material imprescindible. Entre outras cousas, o presidente da Deputación garantiunos o apoio para gastos de funcionamento da entidade e para a adquisición dun camión escaleira para os bombeiros, que proxectamos adquirir coa colaboración da Xunta de Galicia”, sinalou Sousa.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

El tiempo para hoy en Ourense, 19 de mayo de 2024

Durante las primeras horas del día en Ourense habrá cielos nubosos con tormentas acompañadas de…

13 horas hace

Penúltima jornada crucial para Europa League y permanencia en Laliga EA Sports

En la próxima jornada 37 de LALIGA, que se inaugura este sábado 18 de mayo…

17 horas hace

La universidad Alfonso X el Sabio sobresale en el estudio de farmacia

El último ranking elaborado por la Fundación CyD reconoce a la Universidad Alfonso X el…

18 horas hace

Castellano refuerza su apuesta en Millenium Hospitality con 10.000 acciones

Pablo Castellano Vázquez, consejero de Millenium Hospitality desde marzo, ha reforzado su apuesta por la…

18 horas hace

TÜV SÜD alcanza por primera vez ingresos superiores a 3.000 millones de euros

TÜV SÜD ha presentado sus resultados financieros globales en 2023, reportando un incremento en los…

18 horas hace

El tiempo para hoy en Ourense, 18 de mayo de 2024

Durante el día de hoy en Ourense se prevén cielos cubiertos con lluvia. En cuanto…

2 días hace

Esta web usa cookies.